Galego

  Substantivo masculino

preestómago


singular plural
preestómago preestómagos


  1. (Zooloxía) Cada unha das cavidades que conforman o estómago non glandular dos animais ruminantes, recubertas por unha mucosa de revestimento, carente de glándulas. Estes animais posúen un estómago composto formado por tres órganos (rume, barrete e libro), e un cuarto órgano (calleiro) que si ten mucosa glandular e cumpre a función do verdadeiro estómago.
    • Observacións: Outros mamíferos dispoñen dun estómago simple, unicavitario, como o home ou o can. Outros, como o porco ou o cabalo, presentan un estómago composto formado por unha única cavidade cuxa parede interna está dividida nunha zona anterior, de mucosa non glandular, e outra posterior, glandular.
    • Exemplo: Na cortadoría, os preestómagos véndense, unha vez limpos e preparados, baixo o nome popular de callos.

Traducións