retículo
(Redirixido dende barrete)
Galego
- Pronuncia: /reˈtikulo̝/ (AFI)
retículo
singular | plural |
retículo | retículos |
- (Zooloxía) Segundo dos preestómagos dos animais ruminantes, de forma máis ou menos esférica e caracterizada polos pregos ou laminiñas que forma a súa mucosa, que debuxan unha retícula de campos cadrados, pentagonais e, maiormente, hexagonais, a modo das celas dun favo.
- Sinónimos: barrete, bonete.
- Observacións: Vázquez Pintor dálle o nome de redeiriña: "Hai que remoer. O cerebro manda as ordes á panza, á redeiriña, ao coallar... e o motor da herba ponse en marcha. Boi amosa a sintonía dos recados nun rou-rou inalterable, sete veces trousa e tres descansa e volve". (Vázquez Pintor, Xosé: A memoria do boi. Xerais 2001, 13).