Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «favo».
  •   Pronuncia: [ˈfaβo] (AFI)

  Substantivo masculino

 
Ovos e larvas nos alvéolos dun favo de abellas

favo (sg: favo; pl: favos)

  1. (Apicultura) Conxunto de pequenos compartimentos hexagonais, construído con cera, no que as abellas depositan o alimento os mel e os ovos.
    • Exemplo: Na apicultura, o favo para a cera é construído dentro dun marco móbil de madeira.

  2. (Apicultura) Cada un destes compartimentos.
    • Exemplo: As abellas selan os favos con cera.

  3. (Medicina) Enfermidade da pel, semellante á tiña, producida por un fungo, que forma cotras duras e secas.
    • Exemplo: O favo é producido xeralmente polo fungo Trichophyton schoenleni.

Sinónimos

Para 1: antena, entena, panal, trevo, zarapata.
Para 2: alvéolo, cela