Abrir o menú principal
Disambig.svg Grafías semellantes:     alveolo

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «alvéolo».
  •   Pronuncia: /alˈβeo̝lo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

alvéolo (sg: alvéolo; pl: alvéolos)

 
Ovos e larvas nos alvéolos dun favo de abellas.
  1. Calquera oco, cavidade ou depresión de pequenas dimensións nunha superficie.
  2. (Apicultura) Cela ou casulo do favo das abellas e doutros insectos himenópteros.
  3. (Bioloxía) Depresión de pequenas dimensións na superficie de calquera órgano.
  4. (Micoloxía) Cavidade na que se atopa o himenio dos fungos ascomicetos.
  5. (Xeomorfoloxía) Cavidade ou depresión de pequenas dimensións (de até varios centímetros) e forma globular, escavada nunha rocha por acción química disolución) ou mecánica (pola abrasión do vento cargado de area).
  6. (Xeomorfoloxía) Depresión de grandes dimensións (de varios hectómetros a varios quilómetross de diámetro) escavada nos zócolos cristalinos debida ao afloramento de rochas alterábeis ou ao entrecruzamento de liñas de fractura.
  7. (Zooloxía) Cada unha das cavidades escavadas na parede interna do barrete dos ruminantes.

Termos relacionados

Traducións