parede
Galego
- Pronuncia: /pa.ˈɾe.ðe̯/ (AFI)
parede
(sg: parede; pl: paredes)
- (Arquitectura) Obra de cantaría ou albanelería levantada verticalmente e feita de pedra, ladrillo ou outro material, que serve para formar o exterior dun edificio ou dividilo, ou ben para delimitar un espazo.
- Exemplo: Fixo unha parede para cercar o seu souto.
- Exemplo: Fixo unha parede para cercar o seu souto.
- Cara ou superficie lateral dun corpo.
- Exemplo: A parede do depósito aparecía enferruxada.
- Exemplo: A parede do depósito aparecía enferruxada.
- Corte vertical, ou case, na cara dunha montaña.
- Exemplo: Aqueles alpinistas novatos non foron quen de superar a parede e tiveron que dar a volta.
- Exemplo: Aqueles alpinistas novatos non foron quen de superar a parede e tiveron que dar a volta.
- (Anatomía) Estrutura que pecha ou limita unha cavidade ou un órgano.
- Exemplo: A parede abdominal.
- Exemplo: A parede abdominal.
- (Deportes) No fútbol, xogada entre dous compañeiros do mesmo equipo, que consiste en que un, co fin de eludir a un contrario, pasa o balón ao outro, que lla devolve inmediatamente uns metros máis adiante.
- Exemplo: Facer a parede.
- Exemplo: Facer a parede.
- (Figurado) Conxunto de persoas ou cousas fortemente unidas.
- Exemplo: Os manifestantes formaban unha parede humana e a policía tivo que traballar arreo para dispersalos.
- Exemplo: Os manifestantes formaban unha parede humana e a policía tivo que traballar arreo para dispersalos.
Sinónimos
Termos relacionados
parede abdominal, parede abdominal anterior, parede celular, parede medianeira, parede mestra
Traducións
- Alemán: Wand (de)
- Castelán: pared (es)
- Catalán: paret (ca)
- Francés: paroi (fr), mur (fr)
- Inglés: wall (en)
- Italiano: parete (it)
- Portugués: parede (pt)
- Vasco: pareta (eu)
Portugués
- Etimoloxía: do latín paries, -etis.
parede (sg: parede; pl: paredes)
- (Arquitectura) Parede.
- (Anatomía) Parede.