esponxa
Galego
- Etimoloxía: do latín spongĭa, e esta do grego antigo σπογγιά spongiá.
- Pronuncia: /es.'poŋ.ʃa̯/ (AFI)
esponxa
(sg: esponxa; pl: esponxas)
- (Zooloxía) Nome que recibe calquera animal pertencente ao subtipo dos poríferos.
- (Zooloxía) Masa porosa e elástica de fibras córneas entrelazadas que constitúe o esqueleto interno dos poríferos, que ten a propiedade de absorber a auga (arredor de doce veces o seu tamaño en seco) e deixala ir facilmente ao exercer unha presión sobre ela.
- Obxecto de orixe animal ou sintético cunha estrutura porosa que lle confire unha forte capacidade de absorción de líquidos, que se emprega na hixiene humana e de algúns animais domésticos, e para a limpeza doméstica.