Galego

  •   Pronuncia: /a.βɾaˈsjoŋ/ (AFI)

  Substantivo masculino

abrasión (sg: abrasión; pl: abrasións)

  1. Acción de desgastar ou arrincar algo por fricción ou raspado.
  2. (Patoloxía) Exulceración superficial da pel ou das mucosas, producida por rozaduras ou por axentes químicos.
  3. (Cirurxía) Intervención cirúrxica consistente en raspar ou limar algo (un dente, un óso, a córnea, o útero, etc.).
  4. (Dermatoloxía) Método para o tratamento dalgunhas enfermidades, particularmente para a destrución de cicatrices, consistente no fresado superficial dos tecidos.
  5. (Odontoloxía) Destrución de parte do tecido duro dos dentes, (ou dos seus bordos cortantes, pola acción dunha fresa.
  6. (Medicina) Acción irritante dos purgantes moi enérxicos.
  7. (Xeomorfoloxía) Erosión mecánica das rochas costeiras polo embate da auga, areas, cascallos e outros fragmentos rochosos mobilizados polas ondas, e polo aire comprimido por estas, nas fendas e furnas dos acantilados.
  8. (Xeomorfoloxía) Desgaste das rochas pola acción mecánica das areas arrastradas polo vento.

Termos relacionados

Traducións