Galego

  •   Pronuncia: /di.mi.nu.ˈti.vo/ (AFI)

  Adxectivo

diminutivo (ms: diminutivo; mpl: diminutivos; fs: diminutiva; fpl: diminutivas)

  1. Que ten a calidade de diminuír ou facer máis pequeno a algo.
  2. (Gramática) Sufixo que dimunúe a magnitude do significado da palabra á que se une, ou que presenta o obxecto con intencións afectivas diversas.
    • 'Exemplo: -iño' é un sufixo diminutivo.

  Substantivo masculino

diminutivo (sg: diminutivo; pl: diminutivos)

  1. (Gramática) Palabra formada por unha raíz e un sufixo diminutivo.
    • Exemplo: Rapaciño é o diminutivo de rapaz.