Galego

 
Querubíns voando ó redor da alegoría da primavera

  Substantivo masculino

querubín (sg: querubín; pl: querubíns)

  1. (Relixión) Espírito celeste de orde superior ós anxos.
    • Exemplo: Discútese se o demo era un anxo ou un querubín caído do ceo.

    • Termos relacionados: serafín
  2. (arte) En pintura ou escultura, figura que representa un neno con ás.
    • Exemplo: Nos retablos barrocos abúsase dos querubíns nas columnas ou ó redor da imaxe da Virxe.

  3. Persoa, especialmente se é un neno, de gran fermosura.
    • Exemplo: Para calquera nai, o seu neno é un querubín.

Traducións