rebolo
Galego
- Pronuncia: [reˈβo.lʊ] (AFI)
rebolo
- Árbore das fagáceas, variedade de carballo, máis baixo e coas follas menudas.
- Sinónimos: cerqueiro, cerquiño.
- Termos relacionados: cerqueiral.
- Toro de madeira que se aproveita para a leña.
- Pedra ou pau curto que se tira a unha árbore para botar abaixo a froita.
- Pau cilíndrico de madeira usado para rasar medidas, quitando o cugulo.
- (Figurado) Persoa grosa e baixa.
Traducións
Árbore das fagáceas, variedade de carballo, máis baixo e coas follas menudas.
Toro de madeira que se aproveita para a leña.
Pedra ou pau curto que se tira a unha árbore para botar abaixo a froita.
Pau cilíndrico de madeira usado para rasar medidas, quitando o cugulo.
Persoa grosa e baixa.