Galego

  •   Pronuncia: /rej.'naɾ/ (AFI)

  Verbo intransitivo

  1. Exercer, unha monarquía, o cargo de xefe do Estado.
    • Exemplo: Reinar antes de morrer, dixo aquel.

  2. Sobresaír de maneira importante en determinada actividade da vida.
    • Exemplo: O vangardismo reinou un tempo na pintura.

  3. (Figurado) Exercer o dominio de algo.
    • Exemplo: As tebras reinaban naquela noite invernal.