Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «reliquia».
 
Capela das Reliquias, da catedral de Santiago de Compostela


  Substantivo feminino

reliquia (sg: reliquia; pl: reliquias)

  1. (Relixión) Resto do corpo dun santo, ó que presta veneración.
    • Exemplo: Co nome de Pío latrocinio descríbese o roubo das reliquias da catedral de Braga por parte do bispo Xelmírez.

  2. (Relixión) Obxecto que, porque tivo contacto cun santo ou co seu corpo, é digno de veneración.
    • Exemplo: Cos fragmentos do Lignum crucis que que hai polo mundo adiante poderían levantarse varias cruces, o que fai dubidar da veracidade destas reliquias.

  3. (Por extensión) Obxecto vello, antigo, ó que se lle dá un valor afectivo especial.
    • Exemplo: O meu coche é unha reliquia.

Termos relacionados

Traducións