Galego

  •   Pronuncia: /re.'ʃen.te̯/ (AFI)

  Substantivo

rexente (sg: rexente; pl: rexentes)

  1. Persoa que rexe ou goberna unha monarquía en caso de minoría de idade, de enfermidade ou de ausencia do rei lexítimo.
    • Exemplo: María Cristina, a nai de Afonso XIII, asumiu o papel de rexente á morte de Afonso XII

      .
  2. Persoa que rexe, que ten ao seu cargo un establecemento, empresa, etc.
    • Exemplo: O xuíz solicitou a comparecencia do rexente da farmacia.

  Adxectivo

rexente (sg: rexente; pl: rexentes)

  1. Que rexe.
    • Exemplo: Cardeal rexente. Raíña rexente.

  2. (Gramática) Termo que rexe outro elemento.
    • Exemplo: Substantivo rexente.