sementeiro
Galego
- Etimoloxía: de sementar.
- Pronuncia: [se.menˈtej.ɾʊ] (AFI)
sementeiro (sg: sementeiro; pl: sementeiros)
- Pequeno espazo na horta dedicado a sementar hortalizas, antes de trasladalas ó seu lugar de cultivo definitivo.
- Lugar destinado a conserva-la semente.
- Saco no que se transporta a semente ó campo de cultivo.
- (Figurado) Causa inicial que desenvolve algún feito posterior.
Sinónimos
- alcouve (2)
- horteiro (2)
- morteiro (2) (3)
- pebideiro (2)
- porral (2) (3)
- porreiro (2) (3)
- semente (4)
- xerme (4)