hortaliza
Galego
- Pronuncia: /ɔɾtaˈliθa̝/ (AFI)
hortaliza ----
singular | plural |
hortaliza | hortalizas |
- Planta herbácea de ciclo curto, cultivada nas hortas e campos de regadío, da que se aproveitan as follas, flores, raíces, talos tenros, froitos etc. para a alimentación humana.
Observacións
Trátase dun concepto gastronómico sen fundamento botánico ningún xa que, segundo os distintos autores, pode incluír ou non as verduras (plantas das que se aproveitan as follas e outras partes verdes: espinacas, leitugas, grelos etc.) e os legumes frescos (plantas das que se aproveitan os froitos verdes ou as sementes: feixón, chícharos etc.). Inclúe algúns tipos de froitos, como é o caso do tomate ou o pemento. Resulta común agrupar verduras e hortalizas baixo un mesmo concepto ou considera-las verduras como un subgrupo das hortalizas. As patacas tamén poden considerase hortalizas se ben, pola relevancia do seu consumo, adoitan tratarse por separado.