sistema rómbico
Galego
- Pronuncia: /sis̪.ˈt̪e.ma/ /'rom.bi.ko̯/ (AFI)
sistema rómbico
- (Xeoloxía) Un dos sete sistemas cristalinos existentes en cristalografía, no que cristalizan moitos minerais; caracterízase porque a cela unidade da rede cristalina ten unha forma xeométrica con tres ángulos rectos, mentres que as tres arestas de dita cela unidade teñen todas lonxitudes diferentes.