suburbio
Galego
- Pronuncia: /suˈβuɾβjo̝/ (AFI)
suburbio (sg: suburbio; pl: suburbios)
- (Urbanismo) Termo propio da xeografía urbana empregado para designar as zonas residenciais da periferia urbana ou arrabalde, especialmente referido a barrios baixos, pobres, marxinados ou degradados desas zonas periféricas afastadas do centro da cidade.