traballar para o inglés
Galego
traballar para o inglés
- Traballar para que logo sexa outro quen se leve tódolos beneficios.
- Exemplo: Así como están as cousas, a xente mátase a traballar pró inglés.
- Exemplo: Así como están as cousas, a xente mátase a traballar pró inglés.
Observacións
A expresión pode ter a súa orixe no século XV. Nesa altura, trala conquista de Ribadavia polo Duque de Lancaster a mediados do século, os ingleses comezaron a exportar grandes cantidades do viño de Ribeiro, ó norte da península e ás diferentes cortes europeas, facendo del un dos viños máis prezados e caros de Europa. Eran os ingleses os que controlaban todo o proceso comercial, desde a compra en orixe, fixando os prezos que querían, ata a distribución comercial, polo que todo o beneficio quedaba nas súas mans.