trato
Galego
trato (sg: trato; pl: tratos)
- Acción e efecto de tratar a alguén ou a algo.
- Exemplo: Daslle un trato penoso e así non vai durar o coche nin catro días.
- Sinónimos: tratamento
- Exemplo: Daslle un trato penoso e así non vai durar o coche nin catro días.
- Relación social que se mantén con alguén.
- Exemplo: O trato dos meus sogros é respectuoso pero para nada afectuoso.
- Exemplo: O trato dos meus sogros é respectuoso pero para nada afectuoso.
- (Gandaría, Economía) Actividade comercial do tratante nas feiras de gando ou na casa do gandeiro; compra e venda de gando.
- Exemplo: Xa mo dicía o meu pai: no trato hai que saber perder hoxe un para gañar mañá dez.
- Termos relacionados: tratante, feirear, andar no trato
- Exemplo: Xa mo dicía o meu pai: no trato hai que saber perder hoxe un para gañar mañá dez.