Galego

  •   Pronuncia: /βi.ʃi.'laŋ.θia̯/ ou /βi.ʃi.'laŋ.sia̯/ (AFI)

  Substantivo feminino

vixilancia
(sg: vixilancia; pl: vixilancias)

  1. Acción de vixiar.
    • Exemplo: En España, a Garda Civil encárgase da vixilancia da condución nas estradas.

  2. Conxunto organizado de persoas que se establece para vixiar.
    • Exemplo: O alcalde organizou tres vixilancias para prever os incendios forestais.

Termos relacionados

capitalismo de vixilancia, posto de vixilancia, unidade de vixilancia intensiva