xarrete
Galego
- Pronuncia: [ʃaˈre.tɪ] (AFI)
xarrete (sg: xarrete; pl: xarretes)
- (Anatomía) Parte da pata dun animal que vai dende a polpa ata o xeonllo. Asenta sobre o cúbito e radio, nas extremidades anteriores, e a tibia e o peroné, nas posteriores.
- (Alimentación) Peza de carne procedente desta rexión do corpo, magra e apropiada para cocer.
- Observacións: Mediante cortes transversais desta peza -e concretamente do xarrete posterior- obtense o ossobuco, toradas formadas pola carne e a sección do óso correspondente.