xeno-
Galego
xeno-1
- Etimoloxía: do grego antigo ξένος, -η, -ον (estranxeiro, estraño).
- Elemento de composición de palabras empregado na formación de numerosos termos científicos e técnicos cos significados de estranxeiro, hóspede ou estraño, como en xenodonte, xenofobia, xenólito, xenomorfo, etc.
Termos relacionados
xeno-2
- Etimoloxía: do grego antigo γένος, -εος, -τό (orixe).
- Elemento de composición de palabras empregado na formación de numerosos termos científicos e técnicos co significado de orixe, xeración, como en xenoblasto, xenótipo, etc.