Axuda:Como editar unha páxina

Atallo:
WD:CEP
Se o que queres é aprender a comezar unha páxina, vai a Axuda:Como crear unha páxina.

O Wiktionary é un wiki, o que significa que calquera pode editar facilmente todas as páxinas desprotexidas e gardar inmediatamente, na base de datos, as modificacións que se lles fagan ás páxinas. Isto fará que as alteracións sexan visibles para calquera outro lector sen ningún tipo de revisión previa. Logo de facer a túa primeira edición, convertiraste nun editor da Wikipedia!

Guía rápida

editar
Artigo principal: Axuda:Guía de edición

Editar, previsualizar e gardar

editar

É moi sinxelo editar as páxinas do Wiktionary, dado que chega con:

  1. Premer na lingüeta editar que se atopa na parte superior da páxina en cuestión; isto fará que apareza unha caixa editable con todo o texto do artigo.
  2. Facer os cambios que se queiran realizar no texto.
  3. Finalmente, premer en Amosar vista previa para visualizar os resultados e, despois, en Gardar a páxina unha vez que os cambios no texto fosen feitos.

Resumo

editar
Artigo principal: Axuda:Resumo da edición

É moi recomendable escribir unha pequena descrición dos cambios realizados na páxina, indicándoos cunha breve descrición no cadro Resumo que se atopa baixo a caixa de edición. Deste xeito, todos os colaboradores saberán facilmente o obxecto da modificación. Ha de empregarse un punto de vista neutral dentro das posibilidades. Tamén sería bo citar as fontes usadas para que outros poidan comprobar e prolongar o traballo realizado.

Formato wiki

editar
Artigo principal: Axuda:Libro de estilo

O que se ve na caixa de edición é texto e máis nada. Ao fixarse detidamente poderase observar que non todo o texto agora á vista é o que se pode ler ao ver a páxina normalmente; isto é, haberá algúns símbolos especiais que o programa wiki usa para crear ligazóns, listas e outros efectos. Nas próximas seccións explícase como empregar estas ferramentas.

Como xa dixemos, no contido da caixa de edición poderase atopar, alén do texto, algúns comandos especiais; sendo o máis básico e doado unha ligazón interna. Para creala, só hai que incluír a palabra ou termo desexado entre parénteses rectas, [[ e mais ]].

  • Por exemplo, se na caixa de edición se inclúe o seguinte texto: [[casa]], na vista normal da páxina aparecerá: casa.

Como se pode comprobar, se xa existe unha páxina co título do termo, aparecerá o texto en cor azul, facendo que ao premer nesa ligazón o navegador vaia á páxina correspondente. Se, pola contra, a páxina non existe, a ligazón aparecerá de cor vermella e ao facer clic nela o navegador irá á caixa de edición desa páxina, lugar onde se poderá gardar para finalizar a súa creación.



  Volver á páxina de Axuda.