Conversa usuario:Aricum2
Ola Aricum,
Estou "acojonado" polo traballo que estás a facer. Noraboa.
Saúdos, --Rabalde 15:44, 14 Sep 2004 (UTC)
Hola Aricum, gusto en saludarte. Lamento no haberte contestado antes, andaba demasiado ocupado. Me alegra mucho que la idea de las plantillas haya proliferado de esta manera. Como verás, en el wikcionario español todavía andamos de puntillas con el asunto. Te esperamos por allá para definir entre todos la forma más conveniente de seguir desarrollando esto y fomentar la colaboración inter-wiktionaries. Saludos! --Pybalo
Ola Aricum, son Susana (sdocio).
Acabo de ler a túa mensaxe. A respeito das fotos, tireinas eu mesma dun castiñeiro que teño ó lado da casa, e procurarei sacar máis de outras árbores. Sobre o do caxigo non fun eu, pero sei quen foi. Veño de falar con el e me di que un caxigo é outra árbore, aínda que é posíbel que nalgunha zona de Galicia se refira ao castiñeiro. Non sei, eu non entendo moito do tema, así que corríxeo ti como vexas.
Un saúdo. Sdocio 19:40, 29 de setembro de 2004
Ola, son Sdocio: tomo nota do tema da pronuncia e as táboas fonéticas. Estos días ando moi liada, pero en canto poida doulle un vistazo.
Administrator
editarHello Aricum, you are now an administrator. There are instructions on how to use your administrator powers in the administrators' how-to guide on the English Wikipedia, and I'm sure the admins at gl.wikipedia will be able to help you too. If you have any problems, let me know on my talk page at en, or leave a note on m:Requests for permissions. Good luck. Angela 12:43, 30 Sep 2004 (UTC)
modelos de conxugación
editarOla,
Alédome que che gustara o meu traballo cos modelos de conxugación. Vou seguir co tema. Ademais vou ver de comezar a facer categorías para que o traballo que estás a facer ti agora sexa máis doado.
Saúdos, --Rabalde 09:29, 20 Oct 2004 (UTC)
traducións e páxinas a borrar
editarOla,
Penso que non temos que ter entradas noutras linguas que non sexan o galego. Se quero unha traducción vou á páxina do wikcionario correspondente. Por exemplo o wikcionario galego dime que a tradución de "durmir" é "sleep" en inglés; logo podo procurar "sleep" no wikcionario inglés. Paréceme mal ter as entradas de inglés duplicadas, prefiro que a xente do wikcionario en inglés manteña a súa versión ao día.
Por certo, mira http://gl.wiktionary.org/wiki/Wiktionary:P%C3%A1xinas_a_borrar e http://gl.wiktionary.org/wiki/Category:P%C3%A1xinas_a_borrar, onde están as páxinas a borrar. Fíxate se estás de acordo co método de marcaxe de páxinas a borrar e, se é así, comeza a borralas.
Saúdos, --Rabalde 08:28, 21 Oct 2004 (UTC)
Toponimia
editarNa páxina de discusión Central de discusión - Nomes de localidades do proxecto irmán, estase a comezar unha discusión sobre Toponimia. Polo gran traballo que vexo que facedes neste Wickicionario penso que podedes aportar un punto de vista moi valioso a esa discusión e agradeceriavos se fose posible que vos pasarades por alí. Un cordial saúdo. --Prevert 13:17, 6 Nov 2004 (UTC)
Aricum agradezoche a túa intervención de hoxe na Central de discusión e non me parece que sexa levar a contraria propor -como fas-: "Como me gusta levar a contraria :) tamén usaría nomes coma: London, New York, Burdeaux, Normandie, Brugge(Bruxas), etc. Trátase de darlle a lingua galega un enfoque internacional, non isolacionista, que ao mesmo tempo respete ao resto das linguas". Estou completamente de acordo, aínda que supoño que había certa retranca na proposta. Eu quedome coa idea de por nos títulos das páxinas unha combinación do nome galego (se existe) separado por un guión do nome propio. O título sería Nome galego-Nome propio.
Sobre a túa proposta: "Falando de outra cousa, estaría ben que houbese ligazóns entre os artigos da Galipedia e do "Galizionario" (nome a consensuar) para mellor completar a información facilitada ao usuario." coincide coa mensaxe que lle mandei está mañan a Agremon que reproduzo a continuación: "No Wikcionario nun corto periodo de tempo están a facer un traballo impresionante, vou a comezar a introducir nalgunhas páxinas ligazóns ao que alí escriben. Resulta moi valioso para enriquecer algúns dos artigos que hai aquí. --Prevert 13:31, 6 Nov 2004 (UTC)". Saúdos.--Prevert 19:37, 6 Nov 2004 (UTC)
Faise o que se pode, por certo se andas co das parroquias supoño que terás os enderezos destas páxinas -por si acaso poñoas-: [1] e [2], aí teñen tódolos nomes clasificados de diversas maneiras. Bueno agora retirome. Saúdos. --Prevert 20:25, 6 Nov 2004 (UTC)
Ríos galegos
editarHai unhas semanas tamén eu quixen saber se había algunha páxina sobre ríos galegos, o mellor que puiden atopar é esta páxina da Consellería de Medio Ambiente que contén un documento de máis de 7 MB referido á Pesca Fluvial en Galicia 2003 en formato pdf que de paso que fala das vedas, das especies que se poden pescar inclúe unha relación de ríos segundo cuencas fluviais que parece bastante ampla.
Outra opción é unha páxina persoal dunha rapaza que estou Xeografía e Historia que contén algunhas cousas sobre ríos, entre elas unhas cuantas fotografías. Espero que che sexa útil. Saúdos. --Prevert 14:41, 8 Nov 2004 (UTC)
Valdubrés e ríos
editarAndaba por aquí mirando ligazóns para a Galipedia e atopei en Valdubrés natural de Valdoviño, penso que está trabucado, segundo o DRAG valdubrés -esa é natural de Val do Dubra.
Pasando a outro tema, máis adiante tiña pensado comezar unha páxina sobre Ríos de Galicia na Galipedia e se tí andas no mesmo tema, ao mellor, podiamos aforrar traballo argallando algo xuntos. Saúdos. --Prevert 21:35, 11 Nov 2004 (UTC)
Ríos
editarÉ estrano pero non parece que exista ningunha lista completa de ríos galegos. Penso que o xeito de comezar é facer unha lista alfabética de ríos, por exemplo na páxina Ríos de Galicia. Se é posible engadir a cada entrada a lonxitude do río e as provincias polas que pasa (con ter a lista xa sería un paso enorme). Logo na páxina individual do río xa se porá maís. Iso xa vai levar unha chea de tempo, o seguinte paso vai ser complicado porque unha vez que teñamos certa cantidade de nomes nas páxinas dos concellos ou buscando río a río xa sairán moitos datos. Outro problema son os regatos. Os nomes dos ríos nun primeiro momento podemolos sacar do documento da Xunta do que falamos (aí hai moitos). Outra fonte moi dificultosa son os mapas do Instituto Xeográfico Nacional, aí si que sae todo -pero nos supera amplamente-. Nos Sistemas de Información Xeográfica (SIG) hai información, nos galegos non vín nada de nomes de ríos.
Sobre a portada non é cousa miña retomo unha proposta de IaRRoVaWo que hai tempo que non pasa pola Galipedia. A vosa non creo que haxa que cambiala, quizais o que necesite e algunha páxina de axuda para os novos usuarios.
Outra cousa: a botoneira atopeina na Wikipedia española e comecei a fozar cambiandolle cousas, pareceme que aínda se pode mellorar. Xa vín que lle puxeches un enderezo moi interesante.
Da Toponimia dicir que espero que a páxina do Wikipedia:Wikiproxecto Toponimia poda recoller información valiosa para resolver o problemas que poidan surxir.
Da traducción de galego.php xa me contarás porque é posible que ao cambiar algunhas palabras podan aparecer problemas, estou pensando nas categorías, bueno iso xa se verá.
Saúdos desde aquí ao lado. --Prevert 23:05, 12 Nov 2004 (UTC)
Ríos de Ourense
editarAtopei outra páxina que trata de ríos que pode ser útil. Sobre todo ten ríos de Ourense: Ourense Natural Broma o Realidad unha das ligazóns leva a outra páxina do mesmo autor con termos relacionados cos ríos Os ríos : caudal da lingua galega.
É curioso, as páxinas onde está aparecendo a información máis ampla están relacionadas coa pesca -xa vín varias-. Saúdos. --Prevert 22:53, 14 Nov 2004 (UTC)
Novo formato
editarOla Aricum,
Estou a ver se podo chegar a un formato xeitoso para as entradas. Estiven a ver o formato do Wikctionario en inglés, collíno e apliqueino a cantar e marzo. Mira se che parece ben.
Saúdos. --Rabalde 11:13, 12 Nov 2004 (UTC)
Entra no MSN
editarOla,
Se entras no MSN podemos charlar
Saúdos. --Rabalde 12:57, 12 Nov 2004 (UTC)
MetaWiki
editarOla, rmato de pasar pola Metawiki e creo que poderías poñer alí información do crecemento do 'galinario'. Felicidades.--Agremon 04:52, 14 Nov 2004 (UTC)
Bureaucrat
editarHello, are now a bureaucrat.
You can make sysops using the Special:makesysop page. There are instructions on using this at m:Bureaucrat. If you have any problems, let me know on my talk page at en, or leave a note on m:Requests for permissions. Good luck. Angela 22:25, 14 Nov 2004 (UTC)
Administrador
editarOla Aricum,
Noraboa por ser burócrata. Agora xa podes darme permiso de administrador :-)
Saúdos. --Rabalde 14:15, 15 Nov 2004 (UTC)
Novos modelos
editarOla Aricum,
Fixen un par de novos modelos: o sem e o XN 0-o-os-as:
- O sem é para pór etiquetas semánticas nas entradas. Por exemplo {{sen|xentilicio}} é para os xentilicios. Mira castrexo
- O XN 0-os-a-as é para pór as variacións de xénero e número. Por exemplo {{XN 0-os-a-as|castrex}} fai (ms: castrexo; mpl: castrexos; fs: castrexa; fpl: castrexas). Mira castrexo outra vez :-)
Con estes modelos (e outros semellentes) podes reemplazar os modelos que comezan por xen*
Saúdos. --Rabalde 15:11, 15 Nov 2004 (UTC)
administrador e modelos
editarOla Aricum,
Gracias polo status de administrador.
En galego tes dúas variacións posíbeis para nomes, adxectivos e demáis: xénero e número. Usualmente a variación de xénero é o->a ou e->a e a de númeno é engadindo un "s". Exemplos:
Variación de xénero e número:
- (adx) solteiro: solteir + o-os-a-as. En realidade é (solteir + o-a) + 0-s
- (nome) gato: gat + o-os-a-as. En realidade é (gat + o-a) + 0-s
Variación só de número:
- (adx) alegre: alegre + 0-s
- (nome) mesa: mesa + 0-s
Con estes modelos e algúns outros podes cubrir todas as variacións da língua. Se temos modelos como exo-exos-exa-exas ímos ter unha chea deles, aumentando a confusión do usuario final.
Estou de acordo que os nomes das categorías sexan en plural, mais no caso de "xentilicio" é un tipo de palabra, logo será subcategoría da categoría "tipos de palabra"
Saúdos. --Rabalde 10:06, 16 Nov 2004 (UTC)
wikimessages
editarOla,
En http://meta.wikimedia.org/wiki/Locales_for_the_Wikimedia_projects di "Texts/translations in Sourceforge can be overruled by edits in the MediaWiki namespace"
Porén, en http://meta.wikimedia.org/wiki/MediaWiki_namespace di "Some text strings cannot be customised using this feature, and so can only be changed by editing the language file. These include ..."
Logo, non estou seguro cal dos sistemas de localización é o axeitado. Coido que o dos wikimessages é o mellor para os lingüistas que lle teñen medo á informática.
Por outra banda, traducir languageGL.php serviría tanto para gl.wikipedia.org e gl.wiktionary.org
Logo, o que poderiamos facer é rematar languageGL.php, corrixilo, pasarllo aos de gl.wikipedia.org e se hai que facer algunha modificación usar os wikimessages.
Saúdos. --Rabalde 12:24, 16 Nov 2004 (UTC)
Vou ver languageGL.php
editarOla,
Ok, vou revisar languageGL.php. Nun par de días (espero) vou ter outra versión.
Saúdos. --195.235.59.100 16:33, 17 Nov 2004 (UTC)
Modelos
editarOla,
Creei unha nova páxina (http://gl.wiktionary.org/wiki/Wiktionary:Lista_de_todos_os_modelos_de_artigo ) onde estou a facer unha lista de todos os modelos que usamos no sistema, con axuda e tal. Mira varias cousas dela:
- hai algún para engadir?
- góstanche os modelos de variación de xéneros e números?
- falta algún "Tipo de información" ou "Categorías de terminoloxías especializadas"?
Saúdos, Rabalde
Desambiguación
editarNa Galipedia temos pendente como chamarlle as páxinas de desambiguación (porque ese nome non parece moi apropiado). Abrimos un debate en A Taberna (propostas): Como chamar ás páxinas de 'Desambiguación' e sería moi bó contar coa túa opinión. Saúdos. --Prevert 22:55, 24 Nov 2004 (UTC)
Modelos novos
editarOla,
Lembra pór os modelos novos que estás a facer para outras linguas na Wiktionary:Lista de todos os modelos de artigo, así a mantemos ao día
Saúdos. --Rabalde 10:11, 26 Nov 2004 (UTC)
Bbbbbbbbbrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr ...
editarOla,
Si, como podes ver, comecei coa entrada masiva de palabras. Vou seguir con algúns substantivos e logo vou inserir unha chea de verbos, polo que penso que non tes que poñerte no medio da autoestrada :-) As páxinas novas van estar en [:Category:P%C3%A1xinas_para_completar páxinas para completar].
Hai algúns temas que non vou poder inserir de xeito masivo, tales coma as preposicións ou as contraccións. Se queres podes agocharte alí así non te paso por riba.
Saúdos, Roberto --Rabalde 11:38, 29 Nov 2004 (UTC)
Entra no MSN Messenger
editarPois iso
--Rabalde 10:29, 10 Dec 2004 (UTC)