Rocastelo
Ola Rocastelo,
Moi interesante o traballo que levas de pór as entradas en inglés. Eu teño un programa que pode fcer isto de xeito automático. Se me pasas unha lista coas traducións podo inserilas en un momentio. A lista ha ter a forma "inglés|galego", por exemplo: act|actuar action|acción ...
Se queres que che bote unha man, envíame un correo-e Saúdos, Roberto
- Ola, Rocastelo, como vai todo? Acabo de crear a miña primeira entrada no Galizionario e non sei se segue as directrices que seguides. En principio partín da entrada cabalo para facer cabaleiro, mais débese poñer galego ao principio? --Xoán Carlos Fraga 21:26, 21 decembro 2005 (UTC)
- Ola, de novo, Rocastelo. Grazas polos ánimos. Así e todo, aíndo non quedo contento coa entrada cabaleiro na táboa de contidos, fíxate que me mete na etimoloxía todos os seguintes apartados. Como podo corrixir iso? E perdoa tanta pregunta, vouche acabar enchendo esta páxina. Tamén che quero indicar que os dicionarios acostuman ter varias entradas para palabras que coinciden na forma pero proceden de distinto étimo, así cabaleiro (dor do pescozo) é unha e cabaleiro (home que cabalga, etc) é outra. Nestes casos, que criterio se segue no Galizionario? Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 22:15, 21 decembro 2005 (UTC)
- Ola, Rocastelo, que tal che vai? Grazas polas respostas. O dicionario Estravis é un bo dicionario galego, e aínda que xa sei que inclúe léxico lusófono, tamén o inclúe léxico e expresións galegas que non aparecen noutros dicionarios galegos. Este aspecto dálle un voto ao seu favor, polo menos para usar como contraste e ampliación. Cordiais saúdos. --Xoán Carlos Fraga 19:15, 22 decembro 2005 (UTC)
Importar
editarOla, poderías importar algunha destas?--HombreDHojalata 18:57, 14 de xullo de 2011 (UTC)
Administración
editarOla, Rocastelo. A comunidade do Galizionario estivo a valorar nas últimas semanas a función dos administradores do proxecto. A causa é a inactividade dos mesmo, feito que obrigaba á comunidade a pedirlle axuda a administradores globais ou stewards. Como membro que es dese grupo, gustaríanos saber se estás disposto a conservar os privilexios da administración e colaborar activamente coas tarefas propias dese grupo; para iso agradeceriamos que nolo comunicases na Taberna do Galizionario no prazo de tres semanas. A comunidade do Galizionario decidiu, de non recibir unha resposta positiva dentro dese período, pedir a revogación dos dereitos para as persoas implicadas. Sexa como for, esperamos verte polo Galizionario pronto, ben como administrador, ben como usuario normal. Recibe un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 18:31, 24 de outubro de 2011 (UTC)