Benvida editar

Benvido ó Galizionario, Woden. Se precisas algunha orientación non dubides en pedirma.
Respecto o artigo que creaches (xilsa) quería facer algunhas consideracións. A primeira é que, como saberás, o Galizionario non é unha fonte primaria, polo que as entradas que crees deberán ser referenciables. Xilsa non está incluída no VOLGa; isto non quere dicir que non teña lugar aquí, pero asegúrate que se documenta noutras fontes fiables. O mesmo para a forma asturiana guilsa que parece que queres recoller no mesmo artigo que a anterior. Por certo, cada forma gráfica diferente require unha páxina diferente no Galizionario; polo tanto, se non entendo mal, guilsa debería ser un artigo independente de xilsa. Por último, os interwikis deben ser a páxinas co mesmo nome de artigo noutros wiktionaries (sempre que existan). Así xilsa non pode ter un interwiki ast:guilsa, xa que nin teñen o mesmo nome nin existe a páxina ast:guilsa (nin tampouco existe ast:xilsa).
Sen máis, para calquera cousa aquí estamos. Un saúdo e moitas grazas. [ Furagaitas * ] 16:25, 18 de xuño de 2010 (UTC)