El Greco
Galego
El Greco
- (Arte) Doménikos Theotokópoulos (en grego Δομήνικος Θεοτοκόπουλος), coñecido en todo o mundo como El Greco ("O Grego"), nado en Candia (Creta) en 1541 e finado en Toledo o 7 de abril de 1614, foi un pintor, escultor e arquitecto do final do Renacemento, que traballou principalmente en España, que desenvolveu un estilo moi persoal nas súas obras de madurez. As súas obras, xunto coas de Velázquez,Goya, Picasso e Dalí son as máis importantes da pintura española de todos os tempos.