Contido eliminado Contido engadido
Aricum (conversa | contribucións)
Aricum (conversa | contribucións)
m Formato
Liña 95:
Ola, Sobreira. Estiven mirando a entrada [[lamia]]. Estiven buscando algún exemplo no que se precisasen dúas etimoloxías na mesma páxina. Non hai moitas, a maioría das palabras non precisan dúas etimoloxías, aínda que si hai algunhas. Para eses casos minoritarios eu proporía facer como fan os dicionarios, exemplo Xerais laranxa: dúas entradas separadas nunha mesma páxina. Na mesma páxina aparecería [[copar]] coa marca <nowiki>{{gl}}, {{etim|a que corresponda}}</nowiki>, definición, etc. Máis abaixo aparecería [[copar]] repetindo <nowiki>{{gl}}, {{etim| outra distinta}}</nowiki>, definición, etc. Vou facer a entrada copar para que o vexas máis claro, a ver que che parece, Un saúdo.[[Usuario:Aricum|Aricum]] 11:27, 20 decembro 2007 (UTC)
* Teño un novo apéndice case preparado, cunhas 300 palabras aprox., para subir co Aricumbot. Antes de subilas vou esperar a ver se chegamos a un consenso:). un saúdo.[[Usuario:Aricum|Aricum]] 11:41, 20 decembro 2007 (UTC)
 
 
==Formato==
Ola, Sobreira. Esta ben o que dis e moi interesante. A miña idea do Galizionario está baseada nas posibilidades que "eu" podo levar a cabo. Isto é, non me plantexo facer artigos cunha estrutura moi complexa, porque non lle podo adicar a isto todo o que me gustaría e como non hai máis xente traballando os artigos son máis ben cativos. Por suposto que a túa proposta é a máis correcta, a que abrangue ao maior número de entradas, máis a maioría das entradas que posúe o dicionario son do tipo
de [[galaxia]], unha definición, un par de termos relacionados e apenas máis nada. Estou intrigado co da túa base de datos :) Anímote a facer unha morea de entradas que amplien o dicionario. Así que, agardando que as túas contribucións sexan numerosas en cantidade e calidade, acepto a estrutura que ti propós. Se che parece ben edita a entrada [[copar]] coa túa estrutura, para saber eu exactamente como debe ser a partir de agora, e eu cando suba os meus apéndices seguirei ese modelo. Espero que as entradas antigas, as 17000 que temos, non sufran unha desfeita demasiado grande ao cambiar os modelos. Unha pequena cousa, na entrada [[conversa:copar]] pos en primeiro lugar a tradución en español, creo que debería ir primeiro a entrada en galego, xa que este é un dicionario de galego. Máis nada, Un saúdo.[[Usuario:Aricum|Aricum]] 19:13, 20 decembro 2007 (UTC)