Mensaxes antigas

Mensaxes antigas

2004 • 2005 • 2007

Ola, Aricum. Propuxen hoxe variaqs palabras para mover da Galipedia aquí. Por favor, bótales unha ollada.--Agremon 20:33, 16 outubro 2005 (UTC)

  • Algúns termos que están marcados para pasar ao Galizionario podes atopalos en http://gl.wikipedia.org/wiki/Category:Mover_ao_Wikcionario , outros como os que cita Agremon están sen marcar. O proceso para movelos está descrito en http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Mantemento#Transwiki . Transwiki é un espazo de nomes especial en MediaWiki para facer o traslado previo á páxina definitiva. Como exemplo poño Transwiki:Codia. Un cordial saúdo. --Prevert 11:41, 17 outubro 2005 (UTC)
  • Se che parece ben fágome cargo. Intentarei que no futuro se unan outros administradores se me das acceso como burócrata. Un cordial saúdo. --Prevert 11:36, 6 decembro 2005 (UTC)
  • Grazas, tentarei controlar o vandalismo. De todos os xeitos espero que non te desvíncules del todo do proxecto, sempre te tiven en grande estima e penso que conseguiches que o Galizionario acadara un nivel moi importante. Confio en que cando dispoñas de máis tempo recuperes o teu posto aquí. Un cordial saúdo. --Prevert 14:07, 6 decembro 2005 (UTC)

Saúdos

editar

Ola Aricum, vaia sorpresa verte outra vez por aquí! Alédome moito, é unha boa nova. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:20, 2 novembro 2007 (UTC)

Desculpa, esquecera asinar. Todo o que fagas, pouco ou moito, será moi útil para revitalizar o proxecto. Co traballo que está facendo Sobreira axiña imos conseguir que o wiki volva medrar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:20, 2 novembro 2007 (UTC)

Benvido de volta

editar

O de enriba é de User:Prevert. Vexo que xa levas tempo aquí. Eu vou comezando a facer as miñas cousiñas aquí. Avísoche de que movín índice meu, porque eras ti o único editor. Vémonos se segues por aquí. Sobreira 23:22, 31 outubro 2007 (UTC) Crea mellor os artigos en minúscula e as categorías en maiúscula (category:Política), porque moitas van ser ciencias e xa case todas están así. Sobreira 23:49, 31 outubro 2007 (UTC)

template:-gl-

editar

Ola, Aricum. Vexo que estamos editando xa con máis asiduidade os dous e estaría ben poñernos de acordo. Como supoño que sabes, o template -gl- remite á mesma palabra na Galipedia. Non sempre existe esa palabra, polo que ás veces é innecesario facer esa ligazón. Dado que si que é preciso ter un encabezado para marcar unha forma como galega e esa non vale sempre, creei o template -glref- que ten ese cadriño de remisión e teño a idea de cambiar -gl- para deixalo sen cadriño. Como estás creando artigos baseándote no modelo da Galipedia, supoño que neles vas sempre necesitar -glref-. Avísote así para que cambies e comeces a usar este. Por qué cambiar -gl- para deixalo sen remisión e non deixalo como está, poñendo o outro sen remisión? Moi sinxelo: porque xa fixen cálculos e hai menos artigos que precisan remisión e máis nos que é innecesaria. Así, o futuro bot que faga os cambios terá menos artigos que repasar. Estes cálculos fíxenos para os 10500 artigos que había antonte pola noite, así que só están fóra dos meus cálculos os que se crearon onte e hoxe: as parroquias de Prevert e os teus de política. Como non chegan a 40, creo que é a mellor opción, fronte ós 1600 que tén que repasar o bot. Se queres ir vendo unha proposta miña de como estruturar artigos, podes vela aquí. Cando teña tempo de facer unha programación e rematala, hei expoñela ó público e levala a cabo cun bot. Espero que sigamos creando xuntos.   Sobreira (parlez) 15:46, 6 novembro 2007 (UTC)

  • O bot aínda non está programado, pero a lista de artigos onde hai que cambiar o modelo xa está feita (se queres comprobalo, mira w:User:Sobreira/Galizionario). Aínda non teño bot, nin sei como vou facer, pero contamos coa axuda de Banjo, Prevert e outros que xa saben. Do das partes do corpo (e do porco) non sei se é programable (supoño que si) pero co que sei de momento adianto que se podería facer xa. Se seleccionei unha lista de páxinas que están na Galipedia e no Galizionario, supoño que será máis doado facer as do corpo que non teñan -gl-. De tódolos xeitos non son tantas e poderíase facer a man. Anoto na miña lista de cousas que haberá que facer. Un consello para decidir se usar -glref- ou -gl-: primeiro usas sempre -glref-, dáslle a Vista previa-Show preview (agora cambio iso se o averiguo) e na propia proba abres unha nova fiestra premendo na ligazón da caixa de remisión; se existe deixas -glref-, e se non cambias a -gl-. Xa che contarei máis cousas. Igual interésanche tamén os cambios de Wiktionary:Lista de todos os modelos de artigo. Engadín máis para as categorías gramaticais, semánticas e pragmáticas que van ir aparecendo (para as gramaticais en galego teño sesenta e pico en total, porque si que van ser necesarias; para o alemán ou o latín por exemplo, tamén haberá que crear para o xénero neutro, e para o inglés quitarlle o xénero).   Sobreira (parlez) 16:47, 6 novembro 2007 (UTC)

novo modelo

editar

Boa idea. Tiña pensado xa niso, pero pensaba deixalo para despois de ir creando outras cousas. Adiantáchesme ;). Na miña opinión, só lle cambiaría o seguinte:

  • poñer Wiktionary:Palabras sen transcrición fonolóxica, non fonética; a fonolóxica é o prototipo de como se pronuncia en galego, mentres que a fonolóxica pode variar co contexto fónico e pode ser múltiple para cada palabra. Logo clasificaríaa en Modelos de mantemento;
  • poñelo entre barras, non entre [] (iso é a transcrición fonética);
  • hai que pensar tamén en incluír a transcricións SAMPA: hai que investigar, pero dáme que tén que haber algún modelo que faga a conversión de SAMPA a AFI sen ter que preocuparse dos caracteres específicos do AFI;
  • se queres unha referencia, podes usar o dicionario VOX gl-es es-gl, que é o único que transcribe tódalas palabras;
  • se precisas axuda, avísame por se sei facer algo (ou consulto eu o dicionario na casa);
  • eu quitaríalle a repetición da palabra galego, porque o usuario xa tén a palabra como título e así evitamos repetila unha e outra vez.

Voulle engadir tamén a etimoloxía a ver que che parece, e crear a nova categoría. Cando poida tamén vou ampliar a páxina de fontes bibliográficas, que de momento está en recursos para tradución. Se queres imos facendo galego como novo modelo con todo o que se nos ocurra, porque é un artigo significativo. Fun deixando uns anuncios na Taberna para todos, aínda que de momento somos ti, eu e Prevert, e ás veces XCFraga. Moi bo traballo coa política e Sabes que.   Sobreira (parlez) 18:09, 10 novembro 2007 (UTC)

Creo que hai un problema co novo formato de template:-etim-. Como clasifica automaticamente cando non ten contido, mete as súas páxinas en category:Wiktionary:Páxinas sen etimoloxía, pero hai páxinas onde se especificou fóra dos corchetes. Dáme que imos ter que usar un novo. Ti que dis de etimoloxía, de poñela como sección:

Etimoloxía

editar
  • blablablabla

ou na mesma liña:

  • Etimoloxía: blablablabla

Eu preferiría na mesma liña, con debuxo e sen punto de lista, e facer o mesmo con Audio e Pronuncia, e deixar os puntos para as traducións (ou non usalos).

Tamén faría o mesmo para Definición: blablablabla

Cambiei o template:-subst- que editaches por que deixaba outra liña ademais da das táboas de CVarXN. Vou poñer estas ideas en User:Sobreira/modelo a ver que che parecen. Saúdos,   Sobreira (parlez) 20:28, 12 novembro 2007 (UTC)

máis cousas

editar

Ti dirás sobre o modelo -etim-, pensaba que había máis. Sobre o dunha liña ou en seccións, agora creo que é preciso ter seccións para as etimoloxías e pronuncias+audio. A razón vouna exemplificar no meu User:Sobreira/modelo-exemplo. Estou flipando co traballón que fixeches sobre os instrumentos musicais, pero dúas cousiñas:

  • de onde o sacaches? O das fontes en realidade está relacionado co seguinte:
  • coidado con asignarlle -gl- a certas formas que non semellan galegas: sicu pode ser galego, pero dubido que siku tamén o sexa o mesmo tempo; trikitixa é posible que se tomase sen adaptar, pero cabaça tamén? Lembra que non somos fonte primaria e non podemos inventar. Se precisas o VOLGA para saber se unha palabra está aceptada, telo aquí, e para máis información Termigal (que por desgraza está/estamos saturados neste momento]].

Os temas especializados son moi controvertidos. Comeza a acontecer que, cando a xente fai buscas en Google, unha das primeiras páxinas que saen é algunha(s) Wikipedia(s), pero debemos ser un pouco esixentes á hora de incluír datos, porque senón perderemos credibilidade. De tódolos xeitos, que non che coute o traballo, porque sempre é mellor ter e corrixir algúns erros que non ter información en galego. Como exemplo, os dicionarios galego-inglés (4) e galego-francés (2) que existen: serán incorrectos, pero son o único que hai. A miña idea é que algún día os superemos ;), o cal nalgúns casos non é nada difícil: que eu saiba, as nosas combinacións no Wiktionary do galego con outra lingua que non sexan as comentadas en dicionario bilingüe (entre elas as nosas 300 palabras galego-aragonés) son o único que existe para esas combinacións.   Sobreira (parlez) 20:06, 14 novembro 2007 (UTC)

Evolución do Galizionario

editar

Ola Aricum. É abraiante o traballo que estades facendo ti máis Sobreira revivindo o Galizionario, parabéns por elo. Cambiando de tema, como es ti o usuario máis antigo de todos os que estamos agora aquí estaría ben que deras a túa opinión na votación de bots se o consideras oportuno. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:53, 15 novembro 2007 (UTC)

Ola Aricum. Andiven pechando as votacións de bots en Wiktionary:Bots/Peticións de aprobación pero no caso de Prebot por ser un bot operado por min prefería que pecharas ti a votación e lle deras o status de bot en Special:Makebot. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:42, 15 novembro 2007 (UTC)

Grazas, desculpa por te apartar do teu traballo con este tema :-) --Prevertgl 21:58, 15 novembro 2007 (UTC)
Perdoa agora ti polo retraso. Teño pensado comezar creando entradas sobre nomes de parroquias. Por certo, mudaron os espazos de nomes e agora están en galego. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:49, 20 novembro 2007 (UTC)

Fixen un cambio nos cambios recentes para que apareceran con cores os bytes engadidos ou retirados para facer o seguemento máis sinxelo. Espero que esteas de acordo senón retiroo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:10, 20 novembro 2007 (UTC)

Supoño que non o ves porque hai que borrar a caché do navegador. Eu creo que é útil, vese en verde ou vermello o número de bytes segundo se engada información ou se elimine. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:20, 20 novembro 2007 (UTC)

sintoo, estiven ausente uns dias e xa volvo, pero xa seguirei facendo cousas, maioritariamente off-line. vale locución substativa?   Sobreira (parlez) 21:52, 27 novembro 2007 (UTC)

Ola Aricum. O bot está aprobado. Non lle puiden dar o status de bot porque creaches a páxina do bot pero non deches de alta o usuario. Cando insiro o nome no formulario dime que non existe. Queda pendente ata que rexistres o usuario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:58, 28 novembro 2007 (UTC)

Alguén creou Aricumbot. Dáme a impresión que non foches ti, se estou no certo crea outra conta co nome que queiras e avísame cal é. Logo eu moverei a conta que crees a Aricumbot e dareino de alta como bot. Sintoo, debín avisarte polo correo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:53, 28 novembro 2007 (UTC)
"Ola, Prevert, Si que fun eu quen creou a conta Aricumbot. non te preocupes. Cando queiras podes dar de alta o bot. grazas. Un saúdo.--Aricumbot 23:10, 28 novembro 2007 (UTC)"
Perdoa, pero se foches ti por precaución prefiro que mo confirmes desde este nome de usuario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:13, 28 novembro 2007 (UTC)

Que estrutura lle vas dar ós artigos creados co bot? Aliméntalo como? Eu teño unha sopresa pero aínda non está preparada. User:Sobreira

Coa mensaxe que me deixaches desde a conta Aricum está confirmado que eres o mesmo. Desculpa pero tiña que confirmalo. Paso a dalo de alta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:25, 28 novembro 2007 (UTC)

Agora Aricumbot ten o status de bot. Non hai de que. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:31, 28 novembro 2007 (UTC)

formato

editar

Creo que lamia demostra a necesidade de que Modelo:-etim- debe ser unha sección e non unha marca sen nivel. Se se puxese debaixo da categoría gramatical, en galego habería que repetila para o substantivo e para o adxectivo, o cal non considero moi rendible. Que opinas? Espero que poidamos chegar a un consenso de estrutura e aplicala nalgún botón.   Sobreira (parlez) 22:09, 19 decembro 2007 (UTC)

  • Entendo, pero eu parto dunha idea distinta. Para min, as acepcións distintas deberían ir independentes, xa que teñen traducións distintas. Noutras palabras: non enumeraría as distintas definicións, senón que faría unha nova "subentrada" para cada unha. Así, tralo modelo:-trad- non habería que especificar a que significado se refire. O exemplo aplicado para copar está en Conversa:copar: mira onde e como están colocadas as traducións. Fíxate en que (de momento con -etim- sen crear como sección) cada unha obriga a repetir o modelo:-gl- para crear unha separación (porque -audio- e -pronuncia- tampouco son seccións), neste caso ata 3 veces. Sen embargo, se existisen estes modelos como sección (sobre todo o modelo -etim-), poderíanse quitar os modelo:-gl- repetidos porque aparecerían unhas barras separadoras e mesmo sairían tamén no índice de contidos. Fíxate tamén na ligazón de copar que aparece dentro de -es-, que remite especificamente ó galego.
  • Eu tamén teño unha base de datos, co estrutura relacional que me pareceu máis lóxica tras moito investigar e algo de experiencia dos problemas que me xurdiron como terminólogo e lexicógrafo. Aínda non está rematada, pero creo que é moi versátil (poderá facer mesmo glosarios bilingües automaticamente, como Galego-Aragonés, sempre que teña datos, claro). Vou colgar unha imaxe abaixo de todo en Usuario:Sobreira/modelo para que vexas os resultados que dá de momento. De momento non me podo poñer a tempo completo para rematala, pero pouco a pouco vou facendo cousas. Espero a túa resposta.   Sobreira (parlez) 16:21, 20 decembro 2007 (UTC)
  • A base de datos aínda ten carencias, e hai algunhas cousas que aínda non sei se saberei resolver academica (fraseoloxía, locucións e colocacións) ou tecnicamente (para isto teño ó meu irmán, programador informático, pero só para a base, non para wikitext). Por exemplo, para o primeiro: creamos entradas para "Estar por" ou "Calzas do cuco" ou "Quen nunca tivo un porco e ten un bacoriño, anda todo o día iño, iño"? Paréceme perigoso e pouco estable (que pasa cos que din "O que nunca..."?). Sobre parsefunctions, deixei dúas en Usuario:Albert galiza/Proxecto de portada. A mágoa é que a curto prazo non hei ter demasiado tempo para ila mellorando, pero creo que teño unha idea clara do que quero (salvo unha vez que cambiei de opinión sobre onde colocar -etim-, -audio- e -pronuncia-). Por outra banda, ás veces pode ser un pouco lento meterlle datos, pero creo que se compensa coas wikientradas que pode devolver automaticamente. Outra dificultade é que teño bot, pero non sei manexalo. Se che parece, pódesme dar algunha pista e cando teña tempo comezo a facer probas de exportacións que alimenten o teu bot. Sei que hai que usar
# -*- coding: utf8 -*-
{ {-start-}}
TEXTO DO ARTIGO
{ {-stop-}}

pero nada máis.

O de poñer o castelán de primeiro é algo que si hai que debater, pero non polo castelán. Hai que establecer unha orde fixa: alfabética de códigos? alfabética de linguas? distancia lingüística? Preguntei na Taberna hai un tempo: agora vexo que Furagaitas respondeu, optando por alfabética de linguas. En calquera caso, para copar, "castelán" ou "es" van antes de "galego" ou "gl". Eu apoio a moción, que opinas ti? [1] (quizais Wiktionary:Modelos?).

Outra idea é que os artigos de palabras galegas sinónimas sexan mirrors recíprocos. Os non galegos simplemente remitirán ó galego [2]. Se che parece escríboo en Wiktionary:Axuda ou en Wiktionary:Modelos e discutímolo, ou na Taberna (alí hai un parágrafo, pero ninguén opinou :(...) [3]. Especificamos estas orientacións nalgures [1],[2],[3]?

Cando remate algún día a base non teño problema en poñela a disposición de todos: mesmo algún día se poden xuntar os traballos offline que fagamos entre todos, pero con tempo. Grazas pola comprensión e o tempo dedicado.   Sobreira (parlez) 21:38, 20 decembro 2007 (UTC)

Xa che responderei unha longa parrafada sobre o de copar. Agora sobre botear.

  • Mensaxe que atopo:
Logging in to wiktionary:gl as Botsobreira
There is a CAPTCHA in the server's response.
Please wait a while or log in using a graphical web browser to reset the request and try again.
Log in failed. Wrong password?
Password for user Botsobreira on wiktionary:gl:

Sabes como salta-lo CAPTCHA? Está dado de alta? --Botsobreira 20:10, 21 decembro 2007 (UTC)

Contesto punto por punto:

  • Ola, Sobreira. Estiven mirando a presentación alternativa de copar e atopo as seguintes dificultades: Cando un usuario busca unha palabra no dicionario o primeiro que necesita saber é se existe esa palabra e segundo cal é a definición desa palabra, despois a maiores pódeselle fornecer con máis información, conxugación, sinónimos, traducións, etc. Segundo esta idea, o máis importante é a definición, mais esta, na presentación alternativa aparece dispersa e difícil de atopar entre o resto da información (por exemplo a definición "acaparar, apoderarse de todo").
    • Tes toda a razón. Esta ben que o digas, porque non me parara a pensar demasiado niso en concreto. Teño unha idea que comento cando o do índice. De tódolos xeitos creo que neste caso queda difícil de localizar porque a táboa de conxugación non frota como no caso de CVarXN e non lle permite á definición subir ata xusto debaixo da categoría gramatical.
  • Tampouco sei se existen verbos que se escriban igual, mais que teñan unha conxugación distinta, dígoo para non duplicar a táboa de conxugación que ocupa moito e que cunha soa creo que chegaría.
    • Trataríase só dos verbos con variación argumental (en castelán si que sei que hai casos: asolar -asolo e asuelo). Por exemplo, no caso de abrir tamén estaría abrirse, ou durmir/durmirse. Podemos facer caso omiso, pero creo que interesaría poñerlle as conxugacións co pronome enclítico engadido para tirarlle todo o rendemento que se lle pode dar ó Galizionario. Se alguén atopa decatámonos ou funme pola pata abaixo sería interesante que nas buscas apareza a forma conxugada co pronome. Non digo de facer isto con tódolos pronomes (darían números astronómicos), senón só cos pronominais/reflexivos.
  • Despois a táboa de contidos (o índice de arriba de todo) é bastante incoherente: categoría gramatical e traducións son un subapartado de audio. Non sei como amañalo, os meus coñecementos de wiki son poucos.
    • Teño que admitir que estou un pouco avergonzado. Recoñezo que queda espantoso na presentación, e aínda así estiven moito tempo tentando melloralo, pero pouco hai que facer, sobre todo porque a partires do terceiro nivel (===) xa non pon liñas nas sección e fanse dificilmente recoñecibles. Aínda que a estrutura creo que está ben (en Usuario:Sobreira/modelo non queda tan mal), agora penso tamén que tes razón e a visibilidade da información importante tamén conta. Considero imprescindibles as seccións para idiomas e categorías gramaticais, e asumiría como mal menor incluír -audio-, -pronuncia-, -etim-, definición (só unha), exemplo -sin- e -trad- (etc.: hiperónimos, hipónimos, cognados, anagramas) sen sección. Outra opción é poñela no mesmo nivel cá categoría gramatical, como en fr:be ou en:be. Insisto no de deixar cada definición independente (coas súas subseccións), pero sempre aparece o problema de separala da anterior. Crearlle unha sección? Posible, pero non me convence que saia como liña independente. Con ou sen sección, estas alteración da proposta son en realidade o que xa está agora. Iso si, habería que repetir -gl-, -etim-, e -audio-/-pronuncia- (os 4 á vez) cada vez que un deles cambiase. A miña idea inicial sobre a etimoloxía procedía do tratamento de en:be, combinada coa homografía do galego en palabras como ola ou be, que poden ser semiabertas ou semipechadas. É certo que calquera das dúas non é habitual e que os casos que saian poden aparecer
  • Para rematar dicir que, na miña opinión, e sendo este un dicionario de galego, a información que debemos achegar na entrada de castelán debe ser mínima, non nos interesa a etimoloxía, nin o audio, nin a conxugación de copar en español, tan só a súa tradución ao galego (tipo dos que só trae a tradución).
    • Coincido na túa despreocupación respecto ó castelán, pero a causa procede doutras linguas. Se un galego busca take, interésame que saiba as formas took e taken. O mesmo para conxugacións, plurais ou declinacións en fr, de, it ou nl. Por qué omitilo no caso do castelán? Creo que deberiamos tratar tódalas linguas igual. No da etimoloxía, pode ser interesante mesmo para o galego: permitiría amosar o efecto contrastivo de que fogo (gl) e huego (es) ou rotineiro e rutinario (ou e babucha) teñen a mesma etimoloxía. Algúns casos serían un contraexemplo impepinable para aqueles que aínda pensan que o galego procede do castelán.
  • Sei que son un "repunante", pídoche paciencia e desculpas, sei que che levou traballo modificar copar.
    • Non te preocupes. É imprescindible que cheguemos a un consenso sobre o formato total, para crear novas páxinas e actualizar as vellas do mesmo xeito.
  • Noutra mensaxe falarei do bot, a ver se che axuda
    • Moitas grazas pola páxina Wiktionary:Bots/Como usar un bot. Quixen facer a proba creando unha páxina de redirección pero saíume a mensaxe do CAPTCHA. Nunca estivera tan preto de conseguilo.
Novas suxestións:
  1. Creamos { {-def-|}} e { {-exemplo|}} para cambiar todo automaticamente unha vez se decida que facer con eles?
  2. Considero que deberían crearse páxinas con formas diatópicas e formas incorrectas. As primeiras, que non aparecen no VOLG, terían unha remisión e na definición "Variante de AAA que se usa en BBB". As segundas "Forma incorrecta de AAA". Iso axudaría a facer do Galizionario un dicionario de dúbidas e erros.
  3. Eu non incluiría -audio- e -pronuncia- sistematicamente, porque saen todos vermellos. Polo menos ata que alguén se dedique a grabalos. Gustaríame facelo a min, pero non sei nada do formato ogg.
  4. Creei Wiktionary:Glosario para saber de que falamos.

Balance do ano

editar

Ola Aricum. Remata o ano e o Galizionario despois dun período de hibernación semella estar vivo. Moitas grazas polo esforzo que adicaches a revivir este proxecto, agradecemento que fago extensivo a todo o resto de colaboradores que axudan a que isto funcione. Ten moito mérito traballar nun proxecto coma este desde hai tanto tempo. Grazas por seguir aí. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:52, 22 decembro 2007 (UTC)

Non sin tempo quero agradecerche a túa mensaxe. Feliz ano. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:34, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Ola Aricum, bo traballo co Galizionario. Unha pergunta: vexo que hai un tempo creache a entrada checheno no Galizionario, e como estase a discutir entre chechén e checheno quería saber en que fontes te basearas para elixir checheno. Grazas por anticipado.--Maañón 22:41, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Filosofía -glref-

editar

Que che parece esta filosofía-política?

  • Úsase -glref- cando existe un artigo na Galipedia: mantense esta filosofía tamén aínda que na Galipedia envíe a unha redirección. Por exemplo, cancereixo, capudre, cornabude, sorba e sorbeira son sinónimos e os contidos dos artigos son idénticos (salvo autorreferencias e flexión). Na galipedia só existen tres: cancereixo, cornabude e capudre, os dous primeiro reenvían ó último. Como se pode ver, os dous primeiros tamén usan -glref- por dous motivos:
    • Si que existe unha páxina deles na Galipedia e polo tanto non está creando unha ligazón rota (como sería con w:sorbeira)
    • Non obrigaría a ir a un dos seus sinónimos para atopar esa ligazón: así podo ver a información sen necesidade de saber que o artigo da Galipedia se chama exactamente w:capudre e non w:cancereixo (que redirecciona) nin w:sorbeira (que non existe).

Como w:sorbeira non existe na Galipedia, non podería usar -glref- para non crear ligazóns rotas, a non ser que cree unha redirección alí. Saúdiños. User:Sobreira

Hola, por favor podrías echar un vistazo a [1], muchas gracias anticipadas, --paxaro (:> )=| 10:10, 5 marzo 2009 (UTC)

Renomear conta

editar

Olá!

Poderia renomear minha conta de usuário como foi feito na pt.wikipedia? Obrigado pela ajuda. Helder 11:25, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Importar

editar

Ola, poderías importar algunha destas?--HombreDHojalata 18:56, 14 de xullo de 2011 (UTC)

Administración

editar

Ola, Aricum. A comunidade do Galizionario estivo a valorar nas últimas semanas a función dos administradores do proxecto. A causa é a inactividade dos mesmo, feito que obrigaba á comunidade a pedirlle axuda a administradores globais ou stewards. Como membro que es dese grupo, gustaríanos saber se estás disposto a conservar os privilexios da administración e colaborar activamente coas tarefas propias dese grupo; para iso agradeceriamos que nolo comunicases na Taberna do Galizionario no prazo de tres semanas. A comunidade do Galizionario decidiu, de non recibir unha resposta positiva dentro dese período, pedir a revogación dos dereitos para as persoas implicadas. Sexa como for, esperamos verte polo Galizionario pronto, ben como administrador, ben como usuario normal. Recibe un cordial saúdo. [ Furagaitas * ] 18:28, 24 de outubro de 2011 (UTC)