Wiktionary:Glosario

O obxectivo deste glosario é facilitar o acceso a unha definición dos principais termos que empregamos na Wikipedia e noutros proxectos da Fundación Wikimedia. Se non atopas algún termo de uso específico na Wikipedia ou nos seus proxectos, ben podes incluílo na lista para que alguén o describa ou preguntalo na páxina de discusión.


Táboa de contidos: A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

acepción

Cada un dos distintos significados que ten unha forma escrita.

cabeceira

Vésaxe entrada.

definición

Expresión do significado dunha palabra, que se fai con outras palabras. Nun dicionario ben feito, unha definición correcta debería cumprir tres condicións:
  • poder substituír á palabra que define en tódolos seus contextos, o cal implica;
  • que o núcleo da definición debe ter a mesma categoría gramatical có definido (isto non se cumpre coas que comeza con "Dise de..." ou "É cando...", ou se comezamos a definir un substantivo cun artigo, como en "A situación que...");
  • utilizar só palabras que estean no dicionario (como o Galizionario é un dicionario en creación permanente, moitas palabras que uses aínda non existirán);

definición impropia

Definición que incumpre algún dos tres puntos anteriores, sobre todo o primeiro. Esta situación dáse habitualmente con palabras gramaticais (artigos, pronomes, preposicións, conxuncións, etc: uns, lle, de, ou), con abreviacións, abreviaturas, símbolos e siglas e con deícticos (aquí, este, outro). Para non complicarse, pode facerse unha explicación marcándoa como impropia mediante o modelo:definicionimpropia (véxase a modo de exemplo b vs. be).

encabezado

Véxase entrada.

entrada

Cada un dos textos do Galizionario que remeda o que se pode atopar nun dicionario para cada acepción (véxase supra). Unha páxina pode ter varias entradas en diferentes linguas, e para unha mesma lingua pode haber tamén varias entradas.

etcétera

Palabra que en latín significaba "e o restante". Dado que ante a conxunción e non se adoita escribir unha coma, semella que tampouco etcétera debería ir precedido de coma, pero esta convención é moi moderna, existe unha tradición moi longa de poñerlle coma (e máis se se abrevia mediante etc.) e, a fin de contas, era unha conxunción en latín, non en galego.

etimoloxía

Orixe da que procede unha palabra. En galego é habitual que procedan sobre todo do latín, con algunhas tamén do francés, occitano ou provenzal, italiano, castelán, inglés ou portugués. Unha boa fonte para averiguala son os dicionarios da DRAE e Estraviz. En caso de antropónimos e sobre todo de topónimos tamén é probable que veñan do antigo xermánico traído polos suevos e visigodos e mesmo de linguas prerromanas anteriores á implantación do latín en Galicia.
  • É recomendable que se presenten coa palabra na outra lingua en cursiva e o seu significado orixinario entre comiñas. Cando se queira dar a etimoloxía de dúas partes, tamén é útil usar un + para separalas (minúscula < da forma feminina do latín minus, "menor" + sufixo -culus, -cula, -culum, "pequeno")
  • É recomendable tamén, se se sabe, esclarecer a evolución fónica.

forma

No seu habitual sentido restritivo, a forma gráfica. Dúas palabras con igual forma gráfica e distinta pronuncia, nunha ou diferentes linguas, chámanse palabras homógrafas ou homógrafos. No caso das linguas flexionais como o galego ou o polaco, existen convencións para escoller a forma que se usará de título de páxina, é dicir, baixo que páxina se inclúen os datos (definición, etimoloxía...): para os distintos tempos e persoas dos verbos escóllese o infinitivo (e non ningunha forma conxugada nin o pronominal co pronome: *lavarse; en latín úsase combinado con outras formas; para os distintos xéneros e números dos substantivos e adxectivos utilízase o masculino singular, para os distintos casos das palabras que declinan elíxese o nominativo ou o caso recto, etc. Certas palabras usuais presentan tódalas formas (nos pronomes consta o nominativo eu, o acusativo min ou o ablativo comigo).

Galicitas

Edición en galego do proxecto Wikiquote, irmán do Galizionario, onde se recollen citas de persoas e temáticas. Ir alí.

Galifontes

Edición en galego do proxecto Wikisource, irmán do Galizionario, onde se recollen textos orixinais baixo licenza libre. Ir alí.

Galilibros

Edición en galego do proxecto Wikibooks, irmán do Galizionario, onde se recollen textos non orixinais (xeralmente de axuda) baixo licenza libre. Ir alí.

Galipedia

Edición en galego do proxecto Wikipedia, irmán do Galizionario, con formato de enciclopedia e baixo licenza libre. Ir alí.

Galizionario

Edición en galego do Wiktionary, o dicionario multilingüe libre, albergada e sostida pola Fundación Wikimedia.

latín

O Galizionario inclúe palabras en todos os idiomas, e tamén en latín. Pero cómpre distinguilo dos nomes científicos (véxase "nome científico" máis abaixo). Para isto usamos dous modelos distintos: modelo:-la- para latín e modelo:-nomec- ou modelo:-nc- para os nomes científicos.

lematizar

Escoller a forma que será o título do artigo. Nos sinónimos lematízanse tódalas formas.

maiúsculas e minúsculas

As palabras deben consignarse na súa forma real, polo tanto as palabras que sexan nomes propios se introducirán con maiúscula porque sempre se escriben así. O resto irán en minúsculas e será o contexto o que pida que se use inicial minúscula ou maiúscula (véxase como exemplo carballo vs. Carballo).

nome científico

Lembra que sempre se escribe en cursiva (no artigo, non no título) e só vai en maiúscula a primeira inicial, sexa dun animal ou vexetal, aínda que a segunda palabra proceda dun nome propio: Rana perezi, Vipera seoanei.

OmegaWiki

Proxecto en fase de probas de Wiktionary con interface multilíngüe seleccionable e estruturado como tesauro. Ir alí.

páxina

Cada un dos documentos HTML que no Galizionario se aplican a unha forma determinada en calquera lingua.

palabra

Aínda que hai moitas definicións de palabra e moitos subtipos (palabra gráfica, palabra gramatical, palabra léxica, etc.), no Galizionario úsase principalmente como sinónimo de forma.

redirección

Sistema e técnica que envía directamente a outra páxina do Galizionario, así como a páxina mesma onde se aplica. Normalmente pasan inadvertidas agás pola marca "(Redirixido dende [páxina orixe])" que aparece na parte superior da páxina e debaixo do seu título. No Galizionario úsanse moito para enviar as palabras en maiúscula inicial á súa correspondente minúscula (véxase por exemplo Galego).

remisión

Referencia nunha lingua á súa tradución. No caso do Galizionario, a tradución ao galego.

sección

Cada unha das divisións dunha páxina que aparecen na táboa de contidos.

sinónimo

Palabras que teñen o mesmo significado. É un debate inconcluso se existen sinónimos exactos e en tódolos contextos, pero no Galizionario usámolo no seu senso amplo, para palabras que teñen significados moi semellantes (relacionables nun Tesauro como hiperónimos e hipónimos maioritariamente do mesmo grupo de palabras).

táboa de contidos (table of contents)

Índice xerado automaticamente dunha páxina, por defecto antes da primeira sección. Pódese forzar a súa aparición (só unha vez) co código __TOC__ ou evitar que apareza usando __NOTOC__

tesauro

Dicionario estruturado semanticamente, onde as formas están localizables polo seu significado.

verbete

Véxase forma.