Contido eliminado Contido engadido
Aricum (conversa | contribucións)
m Presentación alternativa
Aricum (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 121:
existe esa palabra e segundo cal é a definición desa palabra, despois a maiores pódeselle fornecer con máis información, conxugación, sinónimos, traducións, etc. Segundo esta idea, o máis importante é a definición, mais esta, na presentación alternativa aparece dispersa e difícil de atopar entre o resto da información (por exemplo a definición "acaparar, apoderarse de todo"). Tampouco sei se existen verbos que se escriban igual, mais que teñan unha conxugación distinta, dígoo para non duplicar a táboa de conxugación que ocupa moito e que cunha soa creo que chegaría. Despois a táboa de contidos (o índice de arriba de todo) é bastante incoherente: categoría gramatical e traducións son un subapartado de audio. Non sei como amañalo, os meus coñecementos de wiki son poucos. Para rematar
dicir que, na miña opinión, e sendo este un dicionario de galego, a información que debemos achegar na entrada de castelán debe ser mínima, non nos interesa a etimoloxía, nin o audio, nin a conxugación de copar en español, tan só a súa tradución ao galego (tipo [[dos]] que só trae a tradución). Sei que son un "repunante", pídoche paciencia e desculpas, sei que che levou traballo modificar [[copar]]. Noutra mensaxe falarei do bot, a ver se che axuda. Un saúdo.[[Usuario:Aricum|Aricum]] 12:28, 21 decembro 2007 (UTC)
 
==Como usar un bot==
Creei esta [[Wiktionary:bots/como usar un bot|páxina]] de axuda para explicar como usar un bot. Espero que che axude. Non dubides en preguntarme.Un saúdo.[[Usuario:Aricum|Aricum]] 14:08, 21 decembro 2007 (UTC)