Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Nova sección: →‎sipi
Liña 112:
Password for user Botsobreira on wiktionary:gl:
Sabes como salta-lo CAPTCHA? Está dado de alta? --[[Usuario:Botsobreira|Botsobreira]] 20:10, 21 decembro 2007 (UTC)
 
== sipi ==
 
Contesto punto por punto:
* Ola, Sobreira. Estiven mirando a presentación alternativa de copar e atopo as seguintes dificultades: Cando un usuario busca unha palabra no dicionario o primeiro que necesita saber é se existe esa palabra e segundo cal é a definición desa palabra, despois a maiores pódeselle fornecer con máis información, conxugación, sinónimos, traducións, etc. Segundo esta idea, o máis importante é a definición, mais esta, na presentación alternativa aparece dispersa e difícil de atopar entre o resto da información (por exemplo a definición "acaparar, apoderarse de todo").
** Tes toda a razón. Esta ben que o digas, porque non me parara a pensar demasiado niso en concreto. Teño unha idea que comento cando o do índice. De tódolos xeitos creo que neste caso queda difícil de localizar porque a táboa de conxugación non frota como no caso de CVarXN e non lle permite á definición subir ata xusto debaixo da categoría gramatical.
* Tampouco sei se existen verbos que se escriban igual, mais que teñan unha conxugación distinta, dígoo para non duplicar a táboa de conxugación que ocupa moito e que cunha soa creo que chegaría.
** Trataríase só dos verbos con variación argumental (en castelán si que sei que hai casos: asolar -asolo e asuelo). Por exemplo, no caso de abrir tamén estaría abrirse, ou durmir/durmirse. Podemos facer caso omiso, pero creo que interesaría poñerlle as conxugacións co pronome enclítico engadido para tirarlle todo o rendemento que se lle pode dar ó Galizionario. Se alguén atopa ''decatámonos'' ou '''funme''' ''pola pata abaixo'' sería interesante que nas buscas apareza a forma conxugada co pronome. Non digo de facer isto con tódolos pronomes (darían números astronómicos), senón só cos pronominais/reflexivos.
* Despois a táboa de contidos (o índice de arriba de todo) é bastante incoherente: categoría gramatical e traducións son un subapartado de audio. Non sei como amañalo, os meus coñecementos de wiki son poucos.
** Teño que admitir que estou un pouco avergonzado. Recoñezo que queda espantoso na presentación, e aínda así estiven moito tempo tentando melloralo, pero pouco hai que facer, sobre todo porque a partires do terceiro nivel (===) xa non pon liñas nas sección e fanse dificilmente recoñecibles. Aínda que a estrutura creo que está ben (en [[Usuario:Sobreira/modelo]] non queda tan mal), agora penso tamén que tes razón e a visibilidade da información importante tamén conta. Considero imprescindibles as seccións para idiomas e categorías gramaticais, e asumiría como mal menor incluír -audio-, -pronuncia-, -etim-, definición (só unha), exemplo -sin- e -trad- (etc.: hiperónimos, hipónimos, cognados, anagramas) sen sección. Outra opción é poñela no mesmo nivel cá categoría gramatical, como en [[:fr:be]] ou [[:en:be]]. Insisto no de deixar cada definición independente (coas súas subseccións), pero sempre aparece o problema de separala da anterior. Crearlle unha sección? Posible, pero non me convence que saia como liña independente. Con ou sen sección, estas alteración da proposta son en realidade o que xa está agora. Iso si, habería que repetir -gl-, -etim-, e -audio-/-pronuncia- (os 4 á vez) cada vez que un deles cambiase. A miña idea inicial sobre a etimoloxía procedía do tratamento de [[:en:be]], combinada coa homografía do galego en palabras como [[ola]] ou [[be]], que poden ser semiabertas ou semipechadas. É certo que calquera das dúas non é habitual e que os casos que saian poden aparecer
* Para rematar dicir que, na miña opinión, e sendo este un dicionario de galego, a información que debemos achegar na entrada de castelán debe ser mínima, non nos interesa a etimoloxía, nin o audio, nin a conxugación de copar en español, tan só a súa tradución ao galego (tipo dos que só trae a tradución).
** Coincido na túa despreocupación respecto ó castelán, pero a causa procede doutras linguas. Se un galego busca ''take'', interésame que saiba as formas ''took'' e ''taken''. O mesmo para conxugacións, plurais ou declinacións en fr, de, it ou nl. Por qué omitilo no caso do castelán? Creo que deberiamos tratar tódalas linguas igual. No da etimoloxía, pode ser interesante mesmo para o galego: permitiría amosar o efecto contrastivo de que ''fogo'' (gl) e ''huego'' (es) ou ''rotineiro'' e ''rutinario'' (ou ''pé'' e ''babucha'') teñen a mesma etimoloxía. Algúns casos serían un contraexemplo impepinable para aqueles que aínda pensan que o galego procede do castelán.
* Sei que son un "repunante", pídoche paciencia e desculpas, sei que che levou traballo modificar copar.
** Non te preocupes. É imprescindible que cheguemos a un consenso sobre o formato total, para crear novas páxinas e actualizar as vellas do mesmo xeito.
* Noutra mensaxe falarei do bot, a ver se che axuda
** Moitas grazas pola páxina [[Wiktionary:Bots/Como usar un bot]]. Quixen facer a proba creando unha páxina de redirección pero saíume a mensaxe do CAPTCHA. Nunca estivera tan preto de conseguilo.
: '''Novas suxestións''':
# Creamos { {-def-|}} e { {-exemplo|}} para cambiar todo automaticamente unha vez se decida que facer con eles?
# Considero que deberían crearse páxinas con formas diatópicas e formas incorrectas. As primeiras, que non aparecen no VOLG, terían unha remisión e na definición "Variante de AAA que se usa en BBB". As segundas "Forma incorrecta de AAA". Iso axudaría a facer do Galizionario un dicionario de dúbidas e erros.
# Eu non incluiría -audio- e -pronuncia- sistematicamente, porque saen todos vermellos. Polo menos ata que alguén se dedique a grabalos. Gustaríame facelo a min, pero non sei nada do formato ogg.
# Creei [[Wiktionary:Glosario]] para saber de que falamos.