Museo do Prado
Galego
Museo do Prado
- (Arquitectura) e (Arte) O Museo do Prado (oficialmente Museo Nacional del Prado) situado en Madrid, é unha das pinacotecas máis importantes do mundo, especialmente rica en cadros de mestres dos séculos XVI ao XIX. O seu principal atractivo está na ampla presenza de obras de Velázquez, Goya, Tiziano e Rubens, dos que posúe as mellores coleccións que existen a nivel mundial, ao que hai que sumar as coleccións de autores como El Greco, Murillo, José de Ribera, Zurbarán, Rafael, Veronese, Tintoretto, van Dyck ou Hieronymus Bosch, entre outros.