Abrir o menú principal

Táboa de contidos

Galego

  Substantivo feminino

abdución (sg: abdución; pl: abducións)

  1. (Fisioloxía) Afastamento dun órgano do eixe do corpo ou, no caso dos dedos, do eixe do membro correspondente. Aplícase especialmente aos membros.
    • Exemplo: Abdución da perna.
  2. (Filosofía) Siloxismo en que a premisa maior é evidente, mais a menor e a conclusión só son probábeis.
  3. Operación consistente en trasladar un gas ou un vapor dun recipiente a outro.
  4. Entre as persoas que cren que seres extraterrestres chegan á Terra, acción consistente en trasladar, en corpo ou en espírito, a un terrícola a unha nave destes extraterrestres.

Termos relacionados

Traducións


Castelán

  Substantivo feminino

abdución (sg: abdución; pl: abduciones)

  1. Abdución.

Sinónimos