abelá
Galego
- Pronuncia: [a.βeˈla] (AFI)
abelá (sg: abelá; pl: abelás)
- (Botánica) Froito da abeleira. É seco, monospermo e indehiscente, con pericarpo (casca) leñoso de cor marrón que encerra unha semente oleaxinosa case esférica ou algo oblonga, duns 2 cm de diámetro.
- Exemplo: Esta abeleira vella case non produce abelás.
- Exemplo: Esta abeleira vella case non produce abelás.
- (Alimentación) Semente deste froito, que é comestíbel.
- Exemplo: Tomamos uns viños con abelás torradas.
- Exemplo: Tomamos uns viños con abelás torradas.
Observacións
Moitos autores galegos escriben avelá (e aveleira, e aveledo) pero, segundo a etimoloxía (e pese ao seu nome específico, moderno), e de acordo co parágrafo 1.1 das NOMIG, debe ser abelá (e abeleira e abeledo).
Traducións
(1) Froito da abeleira
Referencias
VV. AA. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. p. 22. ISBN 9788445350560.