• Portada
  • Ao chou
  • Acceder ao sistema
  • Configuración
  • Doazóns
  • Acerca de Wiktionary
  • Advertencias

casca

  • Lingua
  • Vixiar
  • Editar

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «casca».
  •   Etimoloxía: de cascar.
  •   Pronuncia: /ˈkaska/ (AFI)

  Substantivo feminino

casca (sg: casca; pl: cascas)

  1. Envoltura ou codia, máis ou menos dura e coriácea, de certos froitos (abelás, améndoas, castañas, noces, etc.).
    • Exemplo: Estas noces teñen unha casca durísima.
  2. Cuberta exterior das árbores.
    • Exemplo: A casca do piñeiro é de cor castaña.
    • Sinónimos: paraza, tona.
  3. Cuberta exterior dos ovos das aves.
    • Exemplo: A casca protexe os ovos do desecamento.
  4. Pel que cobre a pataca e algúns froitos (mazás, peras, laranxas), plátanos, etc.
    • Exemplo: Esvarei nunha casca de plátano.
    • Sinónimos: capela, monda, para, pel, pela, pelica, plana, tona.
  5. Vaíña do legume, ou froito das leguminosas (fabas, chícharos, garavanzos, lentellas, etc.), que encerra as sementes.
    • Sinónimos: casula, casulla, caxiga, cornecha, cornella, cornello.
  6. Exoesqueleto ou caparazón dos crustáceos.
    • Termos relacionados: cacho.
  7. Cuncha dalgúns moluscos.
  8. Pel dun animal.
    • Exemplo: Este peixe ten a casca dura.

Termos relacionados

  • casca maimiña
  • casca mainiña
  • non saír da casca
  • ter a casca no cu
Traído desde "https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=casca&oldid=650726"
Última edición o 3 de marzo de 2020 ás 17:41

Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 3.0, agás que se indique o contrario.
  • A última edición desta páxina foi o 3 de marzo de 2020 ás 17:41.
  • Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información.
  • Política de protección de datos
  • Acerca de Wiktionary
  • Advertencias
  • Termos de uso
  • Escritorio
  • Desenvolvedores
  • Estatísticas
  • Declaración de cookies