exoesqueleto
Galego
exoesqueleto (sg: exoesqueleto; pl: exoesqueletos)
- (Zooloxía) Esqueleto externo continuo que recobre toda a superficie dos animais do filo artrópodos (arácnidos, insectos, crustáceos e outros grupos relacionados), onde cumpre unha función protectora e outra mecánica, proporcionando a sustentación necesaria para a eficacia do aparato muscular. Tamén se chama así á base, frecuentemente mineralizada, que segregan os corais (clase Anthozoa do filo Cnidaria).