Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «coral».
 
Detalle dos pólipos do coral cos tentáculos estendidos
 
Un pavo macho durante a tempada de apareamento, cos corais no pescozo
  •   Pronuncia: /ko.ˈɾal/ (AFI)

  Substantivo masculino

coral1 (sg: coral; pl: corais)

  1. (Zooloxía) Animal mariño do filo dos cnidarios, clase dos antozoos, subclase dos octocoralios, familia dos coralíidos, xénero Corallium, e especie Corallium rubrum, que vive en colonias cuxos individuos están unidos entre si por un polípero calcario e ramificado de cor vermella ou rosada.
    • Exemplo: Os corais xa eran apañados polos antigos gregos no Mediterráneo.

      .
  2. Por extensión, as sete especies do xénero Corallium e outras semellantes.
    • Exemplo: No mar Caribe abundan os corais.

  3. Polípero do coral, que, despois de puído, emprégase en xoiaría.
    • Exemplo: Un colar de coral.

  Substantivo masculino plural

  1. Carúnculas vermellas do pescozo e a cabeza do pavo doméstico.
    • Exemplo: As carrúnculas de coral da base do peteiro do pavo era moi grandes.

  Adxectivo

  1. Dito dunha cor, que é vermella intensa semellante á do coral.
    • Exemplo: De cor coral.

Observacións

Úsase tamén como substantivo: Tons corais.

  Adxectivo

  •   Pronuncia: /ko.ˈɾal/ (AFI)

coral2 (sg: coral; pl: corais)

  1. Pertencente ou relativo ao coro.
    • Exemplo: Cantaba nun coro.

  2. Dito duna obra literaria ou cinematográfica, que ten un protagonista plural ou colectivo.
    • Exemplo: Moitas das películas de Berlanga son corais.

  Substantivo masculino

  1. (Música) Composición vocal harmonizada a catro voces, de ritmo lento e solemne, axustada a un texto de carácter relixioso e que se executa especialmente nas igrexas protestantes.
    • Exemplo: As corais actúan xeralmente sen instrumentos que os acompañen.

  2. (Música) Composición instrumental de características similares a un coral.
  3. (Música) Agrupación musical que interpreta composicións corais.
    • Exemplo: Coral polifónica.

Termos relacionados

arrecife de coral, masa coral.