calcario
Galego
- Pronuncia: /kal.ka.'ɾjo̯/ (AFI)
calcario
(ms: calcario; mpl: calcarios; fs: calcaria; fpl: calcarias)
- Que ten cal
- Que ten carbonato cálcico.
- Pertencente ou relativo ao calcio.
calcaria
(sg: calcaria; pl: calcarias)
- (Xeoloxía) Rocha sedimentaria que contén máis do 50 % de carbonato cálcico.
- (Zooloxía) Clase de esponxiarios mariños, con espículas aciculares de carbonato cálcico.
- (Zooloxía) Individuo desta clase.