Abrir o menú principal

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abelleiro».

  Adxectivo

  1. Pertencente ou relativo ás abellas.
    • Exemplo: Ferreiro abelleiro.

  Substantivo

abelleiro (ms: abelleiro; mpl: abelleiros; fs: abelleira; fpl: abelleiras)

  1. (Apicultura) Persoa que se dedica á cría das abellas.

Sinónimos

Traducións

  Substantivo masculino

abelleiro (sg: abelleiro; pl: abelleiros)

  1. Grupo de abellas que viven nunha colmea.

Sinónimos

  Substantivo masculino


singular plural
abelleiro abelleiros
 
Abelleiro Merops apiaster
  1. (Zooloxía) Ave da familia dos merópidos, Merops apiaster, duns 28 cm, co bico longo e curvado e plumaxe de cores brillantes (amarela, castaña e verde azulada), que se alimenta de abellas e de toda clase de insectos. Vive no sur de Europa, Asia occidental e África, e pode verse en Galicia na época de cría (maio e xuño), no Courel, procedente de África.
    • Exemplo: O abelleiro adoita chegar a Galicia en abril, e marchar en agosto.

Traducións