acetona
Galego
- Pronuncia: /a.θe.'to.na̯/ ou /a.se.'to.na̯/ (AFI)
acetona
- (Fisioloxía) e (Química) Composto resultante da oxidación metabólica das graxas e de algúns aminoácidos.
- (Farmacia) e (Historia) Produto farmacéutico que se empregaba antigamente como antirreumático e vermífugo.
- (Química) Composto simple, líquido, incoloro, inflamábel, que se emprega como disolvente, na fabricación de vernices e na produción de diversos produtos farmacéuticos e plásticos.