composto
Galego
- Etimoloxía: do latín composĭtus.
- Pronuncia: /kom.'pɔs.to̯/ (AFI)
composto (ms: composto; mpl: compostos; fs: composta; fpl: compostas)
- Que está formado por dous ou máis elementos.
- Exemplo: Apelido composto. O cloruro sódico é un corpo composto.
- Exemplo: Apelido composto. O cloruro sódico é un corpo composto.
- Dito dunha persoa, que vai aseada, ben vestida e ben peiteada.
- Exemplo: Asistiu á voda moi ben composta.
- Exemplo: Asistiu á voda moi ben composta.
- (Arquitectura) Propio da orde composta.
- Exemplo: Capiteis compostos.
- Exemplo: Capiteis compostos.
- (Gramática) Dito dunha palabra, que está formada por composición.
- Exemplo: Cortacéspede e artrópodo son palabras compostas
.
- Exemplo: Cortacéspede e artrópodo son palabras compostas
composta (sg: composta; pl: compostas)
- (Botánica) Planta que ten follas simples e flores reunidas en inflorescencias nun receptáculo común.
- Exemplo: A dalia, a alcachofa e o cardo son plantas compostas.
- Exemplo: A dalia, a alcachofa e o cardo son plantas compostas.
composto (sg: composto; pl: compostos)
- (Química) Substancia formada por dous ou máis elementos.
- Exemplo: O ácido sulfúrico está composto por tres elementos
.
- Exemplo: O ácido sulfúrico está composto por tres elementos
compostas
- (Botánica) Familia de plantas dicotiledóneas que poden ser herbáceas, arbustivas ou arbóreas, de aspectos moi variados, con follas alternas ou opostas e flores pentámeras reunidas en capítulos, que se utilizan algunhas como alimento, outras como ornamentais e unhas poucas como medicinais.
- Exemplo: O áster e o crisantemo son plantas compostas.
- Exemplo: O áster e o crisantemo son plantas compostas.
composto (sg: composta; pl: compostas)
Termos relacionados
capitalización composta, capitel composto, columna composta, composto acíclico, composto alicíclico, composto aromático, composto cíclico, composto léxico, composto inorgánico, composto orgánico, composto propio, composto heterocíclico, composto insaturado, composto organometalico, composto químico, composto saturado, composto sintagmático, condicional composto, corpo composto, estado composto, flor composta, folla composta,futuro composto, infinitivo composto, interese composto, futuro composto, material composto, movemento composto, número composto, ollo composto, oración composta, orde composta, prato composto, pretérito perfecto composto, quebrado composto, regra de tres composta, tempo composto, xerundio composto.