Galego

  •   Pronuncia: /peŋ.'ta.me̯.ɾo̯/ (AFI)

  Adxectivo

pentámero (ms: pentámero; mpl: pentámeros; fs: pentámera; fpl: pentámeras)

  1. (Botánica) Dise do verticilo floral que consta de cinco pezas.
  2. (Botánica) Dito dunha flor, que ten cinco pétalos e cinco sépalos.
  3. (Zooloxía) Dise dos insectos coleópteros da suborde dos adéfagos, que teñen cinco artellos en cada tarso.

  Substantivo masculino plural

pentámeros

  1. (Zooloxía) Individuos desta suborde.