aglutinación
Galego
- Etimoloxía: do latín agglutinatĭo, -ōnis.
- Pronuncia: /aɣlutinaˈθjoŋ/ (AFI)
aglutinación (sg: aglutinación; pl: aglutinacións)
- Acción e efecto de aglutinar ou aglutinarse.
- (Medicina) Proceso de unión na curación dunha ferida.
- (Medicina) Acción dunha substancia aglutinante.
- (Inmunoloxía) Reacción producida no sangue dun animal ao poñérense en contacto unha aglutinina (anticorpo), p. ex. soro sanguíneo doutro animal, bacterias patóxenas, etc., co seu aglutinóxeno correspondente. É, por tanto, un dos fenómenos da reacción antíxeno-anticorpo e, por efecto dela, fórmanse precipitados proteínicos, ou reúnense en masas floculares os microorganismos, ou os glóbulos vermellos do sangue. Este fenómeno resulta útil para o diagnóstico de certas enfermidades e para a determinación dos grupos sanguíneos.
- (Petrografía) Unión de fragmentos de rocha, gravas, cantos, cascallos, etc., por precipitación de sílice, carbonato cálcico ou calquera outra substancia aglomerante.
Termos relacionados
- aglutinación cromosomática. (Xenética) Adherencia de un cromosoma a outro ou a outros cromosomas en fases nas que, normalmente, aparecen como unidades independentes.
- aglutinación de plaquetas. (Hematoloxía) Formación de agregados de plaquetas debido a causas diversas, como a presenza de anticorpos fronte aos seus antíxenos de superficie, liberación de ADP polos glóbulos vermellos, contacto con tecidos danados, etc.
Traducións
- Alemán: Agglutination (de)
- Castelán: aglutinación (es)
- Catalán: aglutinació (ca)
- Francés: agglutination (fr)
- Inglés: agglutination (en)
- Italiano: agglutinazione (it)
- Portugués: aglutinação (pt)
Castelán
- Etimoloxía: do latín agglutinatĭo, -ōnis,
aglutinación (sg: aglutinación; pl: aglutinaciones)