Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cromosoma».
 
Diagrama dun cromosoma. (1) Cromátide; cada un dos dous brazos idénticos dun cromosoma despois da fase de síntese. (2) Centrómero; punto de unión entre dúas cromátides. (3) Brazo curto. (4) Brazo longo.

  Substantivo masculino

cromosoma (sg: cromosoma; pl: cromosomas)

  1. (Bioloxía) e (Xenética) Estrutura filamentosa organizada de ácido desoxirribonucleico e proteínas, visíbel no núcleo das células durante a mitose e a meiose, cuxo número é constante para as células de cada especie.
    • Exemplo: O cromosoma é un estado temporal no que se encontra o material xenético durante a fase de división celular, tanto na mitose como na meiose, que facilita a repartición equitativa deste nas células resultantes

      .