aglutinina
Galego
aglutinina
- (Inmunoloxía) Calquera substancia capaz de aglutinar partículas, especialmente os anticorpos (inmunoglobulinas) do soro sanguíneo responsábeis da aglutinación dos antíxenos.
Termos relacionados
- aglutinina fría. (Inmunoloxía) Calquera das aglutininas que se combinan cos antíxenos correspondentes a temperaturas óptimas baixas (por exemplo, a 4 ºC), propiedade que se utiliza nalgunhas probas diagnósticas.
- aglutinóxeno
- antíxeno
- anticorpo