Galego

  •   Pronuncia: /a.ˈla/ (AFI)

  Adverbio

alá

  1. Indica lugar afastado do falante de xeito máis vago e impreciso ca alí.
    • Exemplo: Vai alá e dálle o recado. Botou moitos anos alá no Brasil

      .
  2. Indica un momento no tempo pasado ou futuro.
    • Exemplo: Heite visitar alá para a primavera. Alá na súa infancia, na aula había nenos de todas as idades

      .
  3. Indica despreocupación ou desentendemento respecto a alguén ou a algo.
    • Exemplo: Alá ti. Se non o vendedes alá vós. Alá cada quen cos seus problemas

      .
  4. Indica naquel lugar ou nas súas proximidades.
    • Exemplo: Alá no Brasil a dieta é moi distinta ca acó. Alá arriba hai moitas árbores. Aquí están as novelas; alá, os ensaios e máis alá, as biografías.

  5. Indica lugar ou a área próxima.
    • Exemplo: Cando regresou de alá viña moi cambiado. Chegaron até alá camiñando.

  6. Enfatiza o afastamento dun lugar.
    • Exemplo: Alá en Rusia hoxe hai problemas económicos. Alá na capital é complicada a circulación

      .

Observacións

Sinónimos

aló