Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «araña».
 
Segestria florentina.
 
Araña3 nun acuario.
  •   Pronuncia: /aˈɾa.ɲa̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

araña (sg: araña; pl: arañas)

  1. (Zooloxía) Animal da familia dos arácnidos, da especie Araneae.
  2. (Zooloxía) Peixe do grupo dos teleósteos e da familia dos traquínidos, de corpo alongado e comprimido.
  3. (Zooloxía) Animal mariño da familia dos crustáceos, orde dos decápodos, con pinzas no primeiro par de patas, de cacho ovalado, robusto, con moitas protuberancias e dunha cor entre vermella e rosada.
  4. Lámpada de varios brazos que pendura do teito.
  5. Utensilio de metal con forma de escumadeira, coa parte cóncava semellante a unha arañeira.

Traducións

  Adxectivo

araña (sg: araña; pl: arañas)

  1. (Figurado) Persoa vividora que procura o propio proveito ou lucro.


Castelán

  Substantivo

araña

  1. (Zooloxía) Araña (animal da familia dos arácnidos).