Galego

  Verbo

asimilar transitivo

  1. Facer similar ou equiparar por ser semellante.
  2. (Fonética) Alterar a pronuncia dun son aproximando as súas características articulatorias a outro máis ou menos contiguo.
  3. Comprender, asumir e reter unha información.
  4. Transformar un organismo as substancias inxeridas en materia propia.
  5. Integrar unha persoa nun grupo, crenza ou ideoloxía que de partida non lle corresponde.
  6. Equiparar os dereitos de individuos de condición distinta.

asimilar pronominal

  1. Chegar a ser similar ou equiparable.
  2. (Fonética) Alterarse a pronuncia dun son aproximando as súas características articulatorias a outro máis ou menos contiguo.
  3. Integrarse unha persoa nun grupo, crenza ou ideoloxía que de partida non lle corresponde.
  4. Incorporar un organismo as substancias inxeridas en materia propia.

Conxugación


Traducións

Castelán

  Verbo

asimilar

  1. Asimilar.