azul
Galego
- Pronuncia: /aˈθul/ (AFI)
Adxectivo
- De cor azul.
- Exemplo: É curioso, non existen froitas de cor azul.
- Termos relacionados: azulenta, bandeira azul, príncipe azul, sangue azul, zona azul.
- Aplicado ós peixes, dise dos que teñen un contido en graxa superior ó 5% (ata o 28%), o que representa unha achega de máis de 100 calorías por 100 gramos.
- Termos relacionados: branco (peixe).
- Aplicado ós queixos, dise dos que presentan un veteado azul pola presenza de fungos do xénero Penicillium.
- Exemplo: O Cabrales asturiano é un afamado queixo azul.
Substantivo masculino
azul (sg: azul; pl: azuis)
- Quinta cor do espectro cunha lonxitude de onda entre 436 e 495. A cor do ceo despexado.
- Exemplo: O azúl é unha das cores frías.
Termos relacionados
Exemplo
Traducións
Castelán
Substantivo masculino
azul (sg: azul; pl: azules)
- Azul.
Portugués
Substantivo masculino
azul (sg: azul; pl: azuis)
- Azul.